O programa Luar pecha este venres por vacacións ata setembro. Nesta despedida de tempada e para deixar os espectadores cun bo sabor de boca, o espazo da TVG contará cunha chea de actuacións dos máis variados artistas. Desfilarán cantantes e grupos de longa traxectoria coma Víctor Manuel, Mocedades, Chenoa, Carlos Baute, Rosa López, Azúcar Moreno, Massiel, Fangoria e Al Bano. Tamén estarán o artista Valderrama, os ídolos adolescentes Gemeliers e o novo cantante Adrián Martín.

Ademais, pasarán polo escenario algúns dos artistas galegos saídos das últimas edicións de Operación Triunfo, que xa conseguen os seus propios éxitos discográficos, como é o caso de Cepeda, Miriam Rodríguez, Roi Méndez e Sabela. Tampouco faltará neste último Luar da temporada a música das mellores orquestras, nesta ocasión con Gran Parada, New York, Finisterre e Los Satélites.