Gustavo Pernas leva moitos anos vinculado ó teatro. O artista de Viveiro combinou ao longo da súa extensa carreira a dobraxe coa investigación, actuación e dirección teatral, así coma a escrita de textos dramáticos.

Sobre seu verán favorito, o artista dubidaba se elixir un dos da súa infancia: "Pero esos son moitos, non só un coma o de 1988, tan singular e especial. Eu traballara todo o ano cerca de Bilbao, en Galdácano, alí había unha empresa de dobraxe e facíamolos para cadenas privadas coma Antena 3 ou Canal +. Eu levaba tempo facendo moita dobraxe, era unha época na que aínda estaba ben pagado ese oficio" recorda o dramaturgo.

A actriz Ánxela G. Abalo, sua parella entón e todavía hoxe, realizou con él dúas viaxes ese verán. Primeiro percorreron en coche a Costa Azul cun Peugout 205 vermello, atravesando a metade do litoral italiano.

"Atrevinme a cruzar Europa, cando levaba apenas uns meses co carnet. En Varazze pasamos uns días preciosos. Visitamos Rapallo, Portofino, Florencia, Bolonia, Verona, Rávena, a costa Adriática...", enumera.

Gustavo Pernas xa estivera en Venecia con anterioridade. Alí visitaron un cámping ao que só se podía chegar en barco, cunha pequena vaporeta.

"Tomamos unhas fotos preciosas. E na volta da viaxe tamén foi todo fascinante, polo bo "feeling" que tiñamos, o entusiasmo que levábamos e a arte, que estaba en todas partes. Pero elixín este verán pola nosa seguinte viaxe, a Cuba. Voltamos a Galicia e fomos ata Madrid. Alí xa collimos o avión cara A Habana. Estivemos 20 días percorrendo a illa de Cuba", relata Pernas.

Esta experiencia deixou unha fonda pegada nel: "Disfrutamos de sesións de santería, estivemos en compañía de xente de raza negra que dicían ser netos de ourensáns. Foron experiencias moi ricas, nesa época na que todavía duraba o bloqueo norteamericano, pero a pesar das dificultades a xente era vital, optimista e aberta".

Quedaron engaiolados pola súa beleza.

"Escollo 1988 porque foi o xérmolo do que será o proxecto da compañía teatral que fundamos pouco despois Ánxela e mais eu, 'Áncora'. Ademais, o país latinoamericano foi o detonante da primeira obra de teatro que fixemos, 'O galego, a mulata e o negro'. Nela describimos en clave de comedia, con moita investigación histórica detrás, a Guerra de Cuba, a súa posterior independencia, os gángsters dos anos 30, a chegada de Fidel Castro á vida pública da illa?", resume o actor de Viveiro.

"Eu estudara Historia na Universidade de Santiago, e apliquei un poco ese gusto pola investigación.Contábamos a historia a partir dos personaxes. A mestiza era a intermediaria entre eles, pois non entendían seus respectivos idiomas. A obra parte dunha documentación viva que fixemos coñecendo persoalmente á xente. Alí estivemos co actor Omar Valdés, os directores Roberto Blanco e Gutiérrez Alea, ou Candita, a raíña do Chachachá", rememora.

Un especial rencontro

"Pero o máis entrañable foi coñecer á irmá da miña avoa. Tiña xa oitenta e un anos. A idea de coñecela fora o estímulo para visitar Cuba", recoñece Pernas. Seu bisabó era director de orquesta, e con ese oficio viaxou por Asturias, Valladolid, Castela e León, Galicia? E nas primeiras décadas do século XX recalou en Cuba. Así, a avoa de Gustavo Pernas, que nacera en Ourense, marchou á Habana con só 6 meses. Cantaba tonadillas, e Gustavo aínda garda algún carteliño con letras modernistas dunha actuación en Cienfuegos: "Consolita Muñoz actúa hoxe coa orquesta?"

Pernas continúa o emotivo relato: "Consuelo voltou a Galicia no trinta e tantos, xa casada cun home de Viveiro que coñecera ao outro lado do charco, meu avó. El marchara a Cuba con 13 anos. Vivían nun precioso barrio da Habana e voltaron a una Galicia escura na que nunca deixaba de chover, logo de abandonar o Caribe. Tamén foi unha inspiración para a obra".

Cando Gustavo Pernas era pequeno, a súa avoa Consuelo lle contaba historias da vida en Cuba, sua casa pola que pasaban artistas, músicos?E sua irmá, cando chegaron Pernas e Ánxela a Cuba moitos años despois, vivía un pequeño apartamento e alí tocoulles ó piano as mesmas cancións que sua irmá lle cantara durante a infancia. E tamén gardaba alí as cartas que se enviaran as dúas. "Entón sentinme cubano, foi moi emotivo. Miña avoa era moi importante para min, dela herdamos meu irmán e mais eu a fascinación polo teatro. E a miña tía non a vira dende medio século", recorda Pernas.

A obra teatral

'O galego, a mulata e o negro' foi estreada no Teatro Principal de Santiago de Compostela en 1990 e tivo moito éxito en Galicia. Nese tempo Ánxela quedou embarazada, e durante uns meses actuou tendo no seu ventre a seu fillo Muriel, que tamén se adicaría ao teatro. "Ese verán naceron moitas cousas", resume Pernas.

A idea da obra comezara a agromar e coller forma no retorno, xa en Galicia comezaron a escribir e intentar plasmar todos os significados que atoparan. Crearon a partir deles una obra chea de música coma motor da obra e tamén da sociedade cubana.

"Nós fixemos moitas funcións por Galicia e fóra dela, viñeron cubanos a vernos. Eu facía do negro, meu irmán Miguel do galego e Ánxela da mulata, e os natais da illa eloxiaron os acentos coma perfectos. Era una obra en tres idiomas. O galego na nosa lingua, a mestiza en castelán e o escravo en cangin, que se fala nas costas de Senegal, con palabras reais de África", aclara.

" O que dicía o negro a traducía a mulata para o galego (coma quería) e viceversa, creando conflictos. Era un espectáculo divertido, con cancións de acá e alá, a xente reía e bailaba. Algunha vez non nos deixaron saír do escenario, pedindo outra. Aínda hoxe hai quen nos pide volver representala", celebra o actor.

"Foi un verán moi feliz, entre arte e vida. En maio Italia, en xuño Cuba, xuño e agosto fervendo por dentro, investigando co vehículo da comedia pero tamén rigor histórico", conclúe.