"Ribeiras de Salitre" visita hoxe o porto da localidade de Ares
Xentes que exercen os oficios do mar con verdadeira vocación protagonizan unha nova entrega do espazo da TVG
As xentes mariñas de Ares exercen os oficios do mar con verdadeira vocación. É o caso de Lolo Muíños, que seguiu os pasos de seu pai, e traballou con el no porto de Pasaia de Euskadi. Unha vez retirado, Lolo volveu a Ares, a súa adorada terra natal. Juan Carlos Rey tamén sente esa paixón pola súa terra. Amosaralle a X. H. Rivadulla a baía que acolle o porto, mentres lle conta como é a vida e as posibilidades laborais do lugar.
Un dos típicos lugares da vila é a súa praza de abastos, onde o programa se parará con Elena Castro, que conta cun posto exterior. Ía para peiteadora, pero cruzouse no seu camiño o que hoxe é o seu marido, daquela pescador. Outro dos emblemas de Ares é o barco que adorna a rotonda da entrada da vila, a Begoñita. Pertencía a José Antonio Bonome, que o doou ao concello. Con el estará o espazo mariñeiro da Televisión de Galicia (TVG). A comida tampouco faltará nesta baía, e Manolo Caínzos, con moitos anos de mar enriba, convidará os reporteiros a marmitaco de albacora. Hai poucos anos que se retirou, pasou a maior parte da súa vida traballando en barcos arrastreiros do porto da Coruña. Con anterioridade traballou no arte do cerco no porto de Ares, e afirma que esta experiencia foi a que máis lle gustou.
Temas
Más en Sociedad
-
Adela Cortina, filósofa que es jurado del premio "Princesa": "Los argumentos y la deliberación son los que deben guiar la política, no la emoción"
-
El Gobierno balear plantea ahora prohibir el consumo de alcohol en la calle
-
Primavera Sound: Todo lo que necesitas saber
-
Un “contagio” de jazz en rojo y negro