"A mente sostense viva, lúcida, pero os ollos van gastos e envellecidos os ósos", relata Don Paco no seu libro "Camiño andado" e compre preguntarlle se é así como se sinte, recén cumpridos os 96 anos...

– Teño pouca e escasísima visión, axúdome dunha lupa para poder practicar un dos meus grandes recursos, que é a lectura. Estou relativamente ben, pero son 96 anos. A cabeza mantéñoa perfectamente, como si tivera 50 anos de idade pero teño problemas de estabilidade e mobilidade. A vida que levo nestes momentos é una vida de encerro na miña casa, ben atendido e en canto me dean de alta penso poñerme en camiño de novo para ir ao traballo de sempre, na Fundación Penzol, no que estou desde 1963. Xa choveu desde entón. E aí sigo, ao pé do cañón, sin percibir ninguna compensación económica, simplemente por compromiso moral con Galicia.

– Sempre foi un gran loitador…

– Teño disciplina e vontade. Moita vontade. Un home da miña idade non se pode deixar vencer e eu son antidepresivo. Teño una conciencia clara da miña edade e dos achaques que lle corresponden. Non podo prescindir deles e os acepto con naturalidade. As veces sinto tristura, pero hai que superar os baches que se van producindo…

– Leva una vida moi metódica…

– Levántome as sete da mañán, ainda que estes días polo da lesión o fago as oito. E déitome as dez. Son moi maniático.

– ¿E sigue mantendo a tradición do habano?

– Sigo fumando un puro e tomando un chupito de whiski despois de cada comida. É a única ferramenta que me queda para sobrevivir.

– Para xantar, ¿carne ou peixe?

– Son de peixe, son pouco carnívoro pero como agora como pouco, alterno carne e peixe nos menús da semana. Pero o que non perdoo son os aperitivos: xamón, cecina, chourizo ou salmón afumado. Un par de vasos de viño e xa está.

– ¿E café?

– Non, nunca fun de infusións. Nin dos xarabes como o anís ou a aguardente. As veces teño que tomar té... ..

– ¿Distráese coa televisión?

– O único que me interesan son os informativos, algún documental e cando hai un concerto de altura. O resto abúrreme solemnemente, non me interesa en absoluto. .

– ¿Recibe moitas visitas?

– Podía recibir máis, pero non quero porque me fatigo. O día do meu cumpreanos non parou de soar ou teléfono.

– ¿Cal foi un dos seus mellores amigos?

– O mellor que tiven foi Ramón Otero Pedraio, a pesar da diferenza de idade. Tíñamos unha grande amizade. Ía a pasar tempadas en Trasalva e mesmo tiña un cuarto dedicado para min. Despois tiven moitos dá miña xeración, como Piñeiro, Illa, Dónega...E das novas xeracións. Polo menos de nome teño moitos..

– Primeiro foi "O rio do tempo" e pasada a barreira dos noventa anos, "Camiño andado", dous libros de memorias. ¿Haberá un terceiro?

– Xa non, porque escribo moi pouco e dun xeito rarísimo. Eu non podo ver, pero durmo pouco polas noites. Como teño tantos anos e tan boa memoria, vou recordando experiencias e lecturas e pola mañán, cando me levanto, revivo eses recordos e póñome a escribir nunha máquina vella, unha máquina na que coñezo o teclado de memoria, polo oficio. Sen ver, ás veces confundo unha letra do teclado coa veciña e daquela sae unha mestura que nin eu entendo. Lévolle o texto á secretaria na Casa Galega da Cultura para que mo pase ao ordenador, léemo e sobre a marcha fago ás correccións oportunas.

– Son 96 anos e setenta en Vigo…

– Cheguei no verán de 1939, recén rematada a guerra e nunhas condicións precarias, e viña a traballar ao despacho de Valentín Paz Andrade, pero fora detido nesas datas, polo que pasei moitas privacións e moitos sacrificios, enganando aos meus pais que me preguntaban como ía e eu sempre lles dicía que ben. Cheguei a facer cousas inverosímiles para saír adiante, como unha revista de reloxería e outra de deportes e cine, que se chamaba Imán.

Fun coñocendo xente e saín adiante pouco a pouco, ainda que pasei un tempo moi complicado, porque viña sancionado e non tiña libertade. Conseguín dar clases no Mezquita e co desterro de Paz Andrade fíxenme cargo da revista Industrias Pesqueras. Así me fun defendendo e anos máis tarde comencei a escribir sobre temas galegos como Salvador Lorenzana...

– ¿E a cidade?

– Era unha cidade pequena, Tiña a súa vida fundamental no Berbés e Bouzas. A situación estratéxica fixo que se fora industrializando e os cataláns tiveron unha importancia decisiva. Despois chegaron xentes de fora: Zamoranos aos tecidos, maragatos aos ultramarinos, os vascos ás curterías... E despois volcouse Ourense enteiro. Agora é unha enorme potencia cunha grande puxanza industrial.

Cando cheguei, Marqués de Valladares eran todo solares e a Gran Vía estaba sin facer. Por Pi y Margall, donde vivín, pasaban os tranvías…

– ¿E cómo a ve hoxe?...

– É una cidade en crecemento, que pode ter un papel decisivo no futuro de Galicia. Estou moi apegado a ela. Desde que cheguei non me movín e eu, que son moi aficionado ao mar, o teño a miña beira.

– Pero ten unha espiña…

– ¿Cal?

– A situación da súa doazón á cidade

– Bueno… Está paralizada totalmente. Non estou satisfeito. A biblioteca e o museo son valiosos… É un museo contemporáneo, da miña época, con obra de Colmeiro, Laxeiro, Maside, Torres, Minguillón…É una doazón en vida, feita en 1995 con dúas ou tres condicións que están por cumprir. Unha delas e o do persoal, e non ten persoal ningún. Tal como está sirve de complemento á Fundación Penzol…

– ¿Arrepentiuse alguna vez de tela feito?

– Non. Eu non teño fillos e quería evitar que se sacara a púb

lica subasta, se diversificara ou se perdera, porque é toda a miña vida. E quixen que quedara en Vigo, cidade a que tanto debo a que quero tanto.

– ¿Tivo ofertas de outros sitios para acollela?

– Outras cidades chegaron a ofrecerme edificios nobles para albergala e persoal especializado para atendela, pero preferín a Vigo e pensei que a doazón sería máis valorada. Sin agradecementos, que eu non os quero, pero…

–… Non se están cumplindo as cláusulas da doazón…

– Non. Especialmente no que afecta a persoal e condicións da sede. Está totalmente desprotexida. Vigo ten un gran pecado. É una potencia industrial, pero ten un desaproveitamento da vida cultural notable. Falta tradición.

– Foron moitas as promesas de arranxar a situación…

– Moitas.Pasaron moitos alcaldes e nada… A biblioteca está morta e o museo debería ter personal idóneo e visitas guiadas. Hai moito material sin incorporar porque no hai onde metelo e mantense na caixa forte e outro o conservo na casa. En total non ocupa máis que un par de habitacións na Casa Galega da Cultura. Sinto unha decepción grande…Non estou arrepentido, porque teño unha identificación coa cidade moi grande, pero síntome triste. Xa desistín de decir nada. .. Alá eles. Estou moi decepcionado cos dirixentes, pero teño claro que una cousa son os administradores e outra a cidade…