Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Conversas con Carlos Varela

Ruth Nóvoa desvela unha forma de ver o mundo, de asumir responsabilidades e de comprender o desempeño do servizo público do que foi fiscal superior de Galicia durante unha década

Ruth Nóvoa de Manuel.

Conversas con Carlos Varela

Conversas con Carlos Varela

“Cada vez que aparezan problemáticas na sociedade, hai que ter a capacidade e a imaxinación de saber como tratalas”. Esta frase de Carlos Varela, fiscal superior de Galicia entre o ano 2004 e principios do 2015, sintetiza non só unha forma de traballar, senón tamén unha forma de ser. Ambas teñen moito que ver no seu percorrido como máximo responsable da Fiscalía Superior de Galicia durante unha década. O espírito que encerra a afirmación está presente en gran parte destas conversas mantidas coa autora, Ruth Nóvoa de Manuel, na que é moito máis que unha simple biografía, como mostran as interesantes entrevistas que discorren polas páxinas de “Unha xustiza en diálogo co país”.

“Durante os dez anos que estivo á fronte da Fiscalía Superior de Galicia, Carlos Varela amosoulle á sociedade galega que a Xustiza é quen de percibir o que acontece no mundo e reaccionar (…). Mostra desa sensibilidade e desa perspectiva innovadora foron as iniciativas encamiñadas á loita contra o tráfico de mulleres ou a análise de problemas sociais e económicos de forte incidencia na nosa terra coma os lumes, o furtivismo ou a seguridade viaria”, escribe Consuelo Castro Rey no limiar do libro.

“Mentres estivemos na rebotica deste proxecto, puiden facer un bosquexo da figura protagonista”, di Ruth Nóvoa na introducción. “Nos trámites previos esbozouse ante os meus ollos parte do personaxe: o seu carácter práctico, polo resolutivo; a súa responsabilidade, case tensa; as súas maneiras precisas; a natureza perfeccionista…”. Os capítulos van desvelando esas sensacións, “pero se tivese que dar un titular, se tivese que facer unha síntese, diría que Carlos Varela é un home incómodo na comodidade. Sempre, desde pequeno, inquedo en dúas das súas definicións: o que ten moitas inquietudes e o que ten que estar sempre facendo algo”, precisa a autora.

O libro viaxa polo Carballiño, Vigo, Cangas ou A Coruña. O relato, que arranca no momento do nomeamento de Carlos Varela como fiscal superior de Galicia, tamén salta no tempo para asomarse á infancia, que sempre marca o futuro; á época de estudante, chea de anécdotas; aos inicios no traballo en paralelo á vida familiar, pero, sobre todo, a unha etapa máis reducida en anos, pero intensa en responsabilidades, como foi a que pasou á fronte da Fiscalía.

Compartir el artículo

stats