Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Coral de Ruada

Sempre na súa orixinal liña de Arte Postal ou De Correos, o amigo e admirado Xío de Mós faille chegar ao Fondo dos Espellos unha valiosa información: o 28 de xuño pasado foi posto en circulacións un selo cuxo valor é de 0,60 Euro. Agradecemos o dato do artista e pensador, e comunicámoslle que o Fondo dos Espellos ocuparase en breve, e de xeito monográfico, do acontecemento que glosa o selo especial de Correos Españoles: a celebración do centenario da Coral de Ruada de Ourense.

Repetindo: a esta grande festa ourensá e galega sumarémonos tamén nós, en próximas edicións do Fondo dos Espellos.

Para Tino Baz e para a Coral de Ruada, "apertas de buxo pola música", como escribe, en Mós, sempre, o Xío.

Compartir el artículo

stats