O concelleiro de Patrimonio e Memoria Histórica, Xaquín Moreda, presentou onte a biografía que o Concello vén de editar para dar a coñecer a ?gura de Virxinia Pereira, acompañado pola autora do libro, a escritora e xornalista, Montse Fajardo. O libro, titulado "A vida incerta", chegou onte á rúa cunha primeira presentación no Museo de Pontevedra e a partir da vindeira semana estará dispoñible na O?cina de Turismo para todas as persoas que desexen dispoñer dun exemplar.

"Poñer no mapa a Virxinia Pereira" é o principal obxectivo desta biografía, segundo indicou Xaquín Moreda, xa que "moita xente non sabe quen é ou só a identi?ca como a muller de Castelao". O concelleiro explicou que con motivo 50 aniversario do pasamento de Virxinia Pereira, que tivo lugar o ano pasado, e no marco do programa "A memoria das mulleres", a través do cal se realizaron diversas iniciativas para honrar a súa ?gura e traxectoria, realizouse unha investigación na que foron aparecendo fontes documentais, como a correspondencia mantida con Otero Pedrayo, que motivaron a edición desta biografía.

"Virxinia non é unha miñaxoia é unha muller loitadora" sinalou Montse Fajardo, quen explicou que a través desta biografía trata de rachar coa "visión paternalista dunha muller que coidou moi ben do seu marido" para centrarse na súa participación activa e no seu ?rme compromiso coa loita antifranquista.

A biografía inclúe 89 fotografías cedidas por diversas institucións e contou coa colaboración de diversas persoas e colectivos que ?xeron posible a investigación como o equipo do Museo de Pontevedra. Xaquín Moreda salientou o feito de que a primeira presentación da biografía se realizara no Museo de Pontevedra polo simbolismo que ten en relación á vida e traxectoria de Virxinia Pereira