Quixera expresar un sentimento persoal e tamén reflectir a unha persoa que dedicou a Marín moitos anos da súa vida.

Querido e estimado Víctor, como dirían os meus irmáns don Víctor?

Tivemos a ocasión de vela luz a moitos dos teus logros, moitas das túas inquedanzas, sendo capaz de facer labor en moitos dos ámbitos culturais e educativos de Marín.

Quixera agradecerte e trasladarlle a túa familia, unida e maravillosa, onde deixas unha pegada importante.

Vilagarcía foi a túa cuna, que te meceu tamén durante estes derradeiros anos.

Pero en Marín a túa laboura deixou un significado importante.

Ser docente, mestre, profesor nun colexio primeiro e no instituto despóis durante tantos anos fai necesario que moitas xeracións de alumnos e alumnas recorden con ironía, nostalxia, sen dúbida moitos aspectos moi peculiares da túa docencia, da túa ensinanza e do teu facer, e cando se recordan sempre por algo é.

Formaches parte de coros, rondallas, tunas, da coral Lembranzas, do Liceo Casino, das colaboracións co Ateneo, e a través das túas presentación literarias do Clube de Opinión Portocelo, con inquedanzas deportivas, pregoeiro do entroido, colaborador coa asociación Érguete, participando nos concursos literarios, nos maios, en redaccións e certames, e xogador de fútbol, e amante da pesca e da caza.

Un persoeiro completo, completo nas súas facetas, completo na súa vida cultural, deportiva, social, familiar, literaria, coa memoria histórica, colaborador na prensa, en programas, en ciclos culturais, este futbolista poeta.

Persoalmente témoste un aprecio persoal no meu caso importante, docente no Sequelo, recordado polas inquedanzas no Casino e apreciado por todos que non é nada fácil.

Unha merecida homenaxe que queremos que disfrutes, que na súa extensión o saborees, teñas presente que as cousas flúen porque un sembra sen querer, fai como sen facer, lembra sen ter en conta que ó final, sempre, as cousas que un fai porque sabe, porque quere, porque o sinte, da unha boa colleita que se ten que disfrutar, e ti nos fixeches disfrutar.Moitas tardes de tertulia, de traballo, de paseos, de andar detrás para facer, sempre a cambio de nada, e sempre gastando moito tempo cho queremos agradecer.

Eras multidisciplinar, cun nivel intelectual moi por encima da media, dando clases de inglés, galego, educación física, te recordan cando ensinabas a cantar o himno galego con voz alta e clara retumbando as paredes do Sequelo, coas excursións ás dunas de Corrubedo a a túa querida ría de Arousa, onde emocionado explicabas que todos os barcos do mundo cabían nesa ría, e ademáis podías presumir de ter a mellor letra do mundo no encerado.

Moitas gracias Víctor por ti, e por todo, e se me permites finalizar coa Muxica número 379 que fala de Marín que no teu orixinal Muxicas dun ourensán quería compartir que di como segue:

Marín, Marín, ben que te podes gabar, pola vocación e habelencia mariñeira dos teus queridos fillos, intrépidos navegantes das encabuxadas augas do mar.

Pola inigualable beleza da túa ría e a emblemática Escola Naval, coñecida es no mundo enteiro, meu segundo berce, Marín da alma, compañeiro.

Un abrazo destes que se dan agora, virtuais, coa intensidade que merece esta despedida, a Elvira, as túas fillas e fillo, unha obra de arte que deixas feita.

Ata sempre.

* Alcaldesa de Marín