Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A veciñanza de Vilaboa recolle 348 quilos de basura no medio natural das Salinas

Máis de 30 persoas voluntarias participaron nunha xornada de limpeza

Algunhas das persoas participantes co lixo retirado da natureza.

No marco do proxecto Libera, máis de 30 persoas voluntarias participaron onte en Vilaboa nunha xornada de loita contra a "Basuraleza", residuos abandoados polo ser humano na contorna natural.

Esta xornada de limpeza, na que se recolleron un total de 348 kilos de lixo, foi organizada polo propio Concello, en colaboración con Seo Birdlife e Ecoembes.

Os residuos foron retirados da contorna natural da Praia do Areeiro e das Salinas do Ulló, e dos máis de 300 quilos , 148 foron residuos plásticos, 19 de vidro e cinco de cartón. Según fontes municipais, os 103 restantes correspondéronse a restos orgánicos e unos 73 quilos foron de redes.

Por parte da Administración local, o balance que se fixo da xornada é que, tras analizar o tipo de desperdicios recollidos, "este tipo de actuacións débennos facer tomar conciencia da nefasta interacción que o home pode producir no medio natural, e da necesidade de cambiar de hábitos", sinalaron.

Así mesmo, os voceiros municipais resaltaron a importancia de reparar na clasificación dos residuos recolectados nas paraxes naturais do municipio de Vilaboa, pois "este valor tamén nos indica que é imprescindible que nos concienciemos da importancia de modificar os nosos hábitos de consumo e eliminar o plástico da cadea de consumo diaria", apuntaron.

O proxecto Libera naceu en 2017 co obxectivo de concienciar e mobilizar á cidadanía para manter os espazos naturais libres de lixo e liberar así vida en favor da biodiversidade.

Compartir el artículo

stats