Portas acolleu unha homenaxe ao autor da primeira Carta xeométrica de Galicia, por motivo do 231 aniversario do seu nacemento, organizada pola Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán. Dita homenaxe contaba co apoio do Concello de Portas e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e contou coa asistencia do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.