O Concello de Poio e a SCD Raxó, xunto con Consello Municipal de Cultura convocan o XXVII Concurso Literario Xaime Illa Couto. O certame forma xa parte da tradición cultural do municipio no que se promove a creación literaria en lingua galega a partir de nenos de 6 anos.

Xa está aberto o prazo para a presentación dos traballos que serán individuais e inéditos, de temática libre e escritos en ligua galega nas categorías de poesía e relato curto ou conto. A presentación destes traballos poderase formalizar no Rexistro Municipal do Concello, en calquera dos centros educativos municipais ou nos locais das asociación colaboradoras e membros do Consello Municipal da Cultura ata o 20 de marzo ás 14 horas.

O 10 de abril, o xurado fallará os premios de 90 a 300 euros de contía, depende da categoría, serán entregados no transcurso do acto do Día das Letras Galegas, que se celebrará o día 17 de maio no salón de actos do Centro Cultual Xaime Illa, e que este ano está adicado á figura do historiador, escritor e etnógrafo galleguista, Antón Fraguas.