12 de diciembre de 2018
12.12.2018

Primeira en amosar os seus deseños na Pasarela Cibeles

12.12.2018 | 04:00

María Moreira é unha das deseñadoras de moda máis recoñecidas de Galicia. Naceu en Gondomar hai 66 anos e iniciouse no sector cando tiña pouco máis de 20.

En 1985 convertiuse na primeira deseñadora muller en presentar unha colección enteira na Pasarela Cibeles. Con isto encumbraríase no mundo da moda, o que a levaría a colaborar co director de cine Pedro Almodóvar no vestiario da afamada película "Mujeres al borde de un ataque de nervios".

A traxectoria de Moreira foi repasada polo deputado provincial Carlos López Font, en representación da presidenta da Deputación, Carmela Silva, que se encontra de viaxe.

"É unha deseñadora pioneira que contribuiu ao impulso do sector textil galego", salientou López Font.

O socialista fixo fincapé no traballo logrado coas mulleres que xa participaron nas primeiras etapas do proxecto de María Moreira en Cabo Verde e avanzou que xa son 15 as que agardan poder inicialo no vindeiro ano.

"Con este grado de compromiso, un pensa que podemos cambiar esta sociedade, e moito", dixo satisfeito.

López Font celebrou que "Rompendo moldes na moda", o coloquio do Club FARO en Pontevedra, se puxesen en valor o sector textil e a importancia das mulleres no mundo da moda.

"É un sector en cambio constante debido aos cambios na venda, agora tamén on line. Tense que adaptar ao mercado", lembrou.

"As mulleres teñen unha gran importancia no mundo da mos, neste caso aínda máis por tratarse dun proxecto solidario para axudar aos que teñen moi pouco", concluiu.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


FaroEduca