"Ía para casa pola zona vella, levaba a sudadeira aberta coa camiseta da Galiza e chegaron un rapaces e comezaron a berrarme, pero eu seguín andando porque non pensei que fora por min e cando comecei a subir pola costa comezaron a increparme e a darme patadas e cubrinme como podía". Así ralataba onte Pablo Blanco, un mozo de Marín que sufriu no casco vello de Pontevedra unha agresión na madrugada do mércores por vestir unha camiseta coa bandeira galega para expresar públicamente a súa ligación a Galicia.

Pablo foi rodeado e atacado por un grupo duns catro ou cinco mozos de entre 20 e 25 anos cando ía para casa tras unha noite de festa entre as 5.30 e 6 horas da mañá, preto do Parador de Turismo. Segundo Galiza Nova, os rapaces gritaban "Esto es España". Só grazas a intervención doutro grupo de mozos que pasaban por alí puido librarse dun peor resultado dos acontecementos.

O mozo marinense recoñecía que non sabe quenes son os agresores. "Foi tan de súpeto que non puiden nin reaccionar", recordaba Pablo. Según relataba, el ía subindo a costa mentras os agresores cruzaron en diagonal cara a súa dirección. "Sempre rexeitei a violencia e rodeáronme en círculo e comezaron a darme patadas despois de increparme, pero pilláronme por sorpresa", sinalou.

Grazas a intervención de terceiros, a agresión non foi a máis. "Tiven moita sorte de que subía xente por alí e viñeron a sacarme do tumulto no que me estaban a pegar, cando comezou vir máis xente marcharon", relata Pablo. Por sorte, o mozo agredido decía onte atoparse en bo estado. "Estou ben, pero puido ser peor... se non se chegan a meter os outros rapaces, non sei como acabaría", afirmou.

Pablo rexeitaba denunciar ante a Policía a agresión. "Non vou denunciar, non por nada, por moito que fora facelo, a miña opinión é que non ía pasar nada", indicaba escéptico. "Sei que se fora ao revés e fora eu o que agredira, si que ían ir min", engade.

Este mozo marinense afiliado a Galiza Nova, recordaba que xa se dera un caso similar fai aproximadamente un ano cun coñecido seu. "Nese caso el non era militante de Galiza Nova nin nada, pero era simpatizante e foron a por él", lembraba.

Dende o BNG e o PP de Marín, así como o candidato do PP en Pontevedra, Rafael Domínguez e Novas Xeneracións do PP, condenaron a agresión. Nese sentido, o BNG marinense recordaba que se veñen produciendo ataques a vehículos en Marín polo mero feito de levar a pegatina "GZ" ou á Cruz da Maceira, onde se homenaxea aos represaliados polo franquismo que foi pintada en dúas ocasións coa águia franquista.