O Concello de Caldas programa as actividades de cara a este mes de setembro e organiza para o xoves, día 6, a inauguración da exposición de fotografía "De mar a mar-O Camiño de Santiago en 3D". Esta mostra está promovida por Turismo de Galicia-Xacobeo.

Asemesmo, o vindeiro día 9 terá lugar a celebración da Festa do Ramo e Sacramento, na parroquia de Bemil e está organizada pola comisión de veciños.

A seguinte actividade será o día 23, domingo, co "Gran espectáculo de maxia con Mago Antón" que se levará a cabo na Praza do Camiño, na Tafona. Haberá varias sesións adicadas a un público familiar, e a entrada é de balde.

O programa elaborado pola Concellería de Cultura rematará o vindeiro día 30, co Teatro Malasombra que presenta a obra "Os fabulosos Cleaners", e que se fará no Auditorio Municipal de Caldas a partir das 18.30 horas e co entrada libre.