Grupo Aberto organiza unha conferencia do parlamentario Luís Bará, que se celebrará o vindeiro venres, 1 de xuño, a partir das oito da tarde no salón de actos do Museo Manuel Torres de Marín. O profesor e parlamentario fará unha revisión da actualidade política de Galicia para posteriormente enunciar unha serie de propostas.O acto conta coa colaboración do Concello de Marín.