05 de agosto de 2017
05.08.2017

O "Orixe Festival" contempla cinco días de música, literatura, narración oral e cine

O certamen celebrarase en diversos emprazamentos do centro urbano de Caldas entre os días 22 e 26 deste mes -O último día terá lugar o gran concerto no malecón

05.08.2017 | 03:16
O evento presentouse no concello coa presenza do alcalde caldense. // N. Parga

La O Orixe Festival terá lugar en Caldas de Reis entre os días 22 e 26 de agosto, reducindo así os días de celebración -pasa de 1o a 5 días- e mudando de nome -antes denominábase Orixe Candente-. "Presentamos hoxe un cambio de imaxe e un cambio de nome, que chegou para quedarse" anunciou esta mañá Manuel Fariña, un dos membros da Asociación Zona Afectada, entidade organizadora do Festival, durante a presentación pública da edición deste ano. Fariña estivo acompañado polo presidente da citada Asociación, Javier Lago, polo presidente do Banco de Alimentos, José Luis Doval, polo alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, e polo deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal.

O festival mantén ademais a faceta solidaria de anteriores edicións e, tal e como anunciou o presidente de Zona Afectada, Javier Lago, a entrada solidaria do concerto que terá lugar no malecón a noite do día 26 irá destinada ao Banco de Alimentos. Precisamente a dimensión solidaria foi unha das cuestións que destacou na súa intervención o deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal. O deputado felicitou ademais á organización "pola elección das actividades e, sobre todo, pola aposta tan importante pola música en galego e polos músicos galegos".

Pola súa banda, o rexedor da localidade cualificou o Orixe Festival "como un dos fitos culturais do verán en Caldas", ao tempo que indicou que "consolida a imaxe da vila nun momento de máximo movemento de peregrinos que pasan por aquí facendo o Camiño portugués".

O Orixe Festival, que conta coa colaboración da Área de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra e do Concello de Caldas de Reis, inclúe no seu programa actividades literarias, de narración oral, unha proxección musical e varios concertos de música. "Este ano todas as actividades ser realizarán a pé de rúa, e teremos oferta para todas as idades e para todos os gustos" indicou Manuel Fariña.

Comezarán o martes 22 de agosto coa presentación, na Praza da Leña, do libro "Himno galego: unha historia parlamentar (inconclusa)" de Mª Pilar García Negro. Ao día seguinte terá lugar a proxección e reestrea do filme " Más allá del Río Miño".

Este filme, estreado orixinalmente no ano 1969 e que narra un drama familiar ambientado no rural galego, conta coa particularidade que todos os exteriores foron rodados en Caldas de Reis.

O vindeiro día 24, o protagonismo recae na narración oral cun monólogo a cargo do actor Avelino González.

O venres 25 quenda para a música feita en Caldas con micro concertos de 30 minutos en diversos emprazamentos do centro urbano como a Ponte Romana, Alhóndiga ou a Plazuela; e ao remate dos micro concertos, a Banda de Música de Caldas será a encargada de pechar a xornada.

Por último, o sábado 26 de agosto no malecón terá lugar o gran concerto do festival no que participarán Os Druídas, Tanxugueiras, Eon Dry, Skandalo GZ, Arrhytmia, Calle del Rudído e GHZ.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine