F.M.  Pontevedra

O perímetro de seguridade de 300 metros arredor do cuartel da Brilat primeiro, e unhas obras nos montes comunais de A_Armada para facer un campo de entrenamento despois, rompeu a pacífica convivencia que durante décadas mantiveron militares e veciños de Figueirido e Salcedo. Os residentes empezan agora a protestar por tódolos inconvintes que ata hoxe lles supuxo a presencia da base militar. Fernando Pintos e o voceiro da comisión de afectados.

- Cal é o sentimento dos veciños neste conflicto?

- O sentimento é dunha indignación total. Eu son veciño de aquí de toda a vida e ao ver o outro día os destrozos no monte me doía a alma ao ver aquel abuso. E ese é un sentimento xeralizado nos veciños, todos os que vivimos aquí estamos moi doidos por isto que fixeron. Cando entramos na zona e vimos o que fixeron multiplicouse de xeito incalculable a tensión polo conflicto. Agora xa non é tanto o da franxa e as propiedades como o destrozo que están a facer no monte.

- Como era ata agora a relación cos militares?

- Na reunión que tivemos cos responsables da base xa lles dixemos que hai un antes e un despois da orden ministerial do perímetro. Ata agora a relación era boa, ainda que fora con certo malestar encuberto, pero era unha especie de submisión tácita que todos asumiamos. Pero agora xa non. Esto xa non pode ser. Vendo todo este abuso co que eles nos están tratando, esto vai mudar moito. A actitude da xente xa non vai ser a mesma.

- En qué sentido?

- No sentido de que nós non vamos a consentir a partir de agora que se destroce o monte e se apropien así da parroquia. Se non respectan o medio é porque non respectan aos habitantes que viven nese medio. Pedimos básicamente un respecto para todas as persoas que viven aquí, un respecto que non están demostrando. Pero agora vai cambiar de xeito radical as relacións tanto cos responsables da base como cos militares que anden por ahí. A_nós xa non nos pisan máis, iso acabouse.

- Ata onde están dispostos a chegar na súa reivindicación?

-_Dixémoslles claramente aos responsables da base que se olviden de que consintamos os traballos no monte tal e como se están facendo. Eles nos toman un pouco á lixeira, parece que non nos creen moito, pero o certo é que non o imos consentir. Non cuestionamos que teñan que facer obras, pero non vamos permitir que se fagan como as veñen facendo, arrasando con todo e sin consultar a ninguén. Vamos a chegar ata o final na reivindicación de que o perímetro téñenno que anular. Non nos plantexamos reducilo nin negociar ningún perímetro. Teñen que quedar exentas totalmente todas as propiedades, sexan casas, sexan fincas, ou monte. Iso é innegociable. Vamos a seguir ata que este proceso quede absolutamente anulado, o temos clarísimo.

- Como reaccionará a xente si finalmente se impón a afección prevista?

- O outro día fumos testemuñas da reación da xente, que nalgúns momentos os tivemos que calmar un pouco. Se o queren impoñer frente a todo nos atopariamos como no século XII, pelexando os campesiños contra os cabaleiros, neste caso os veciños contra os militares. Nós con paus e pedras e eles con fusiles. Sería un inferno, así llo dixen ao responsable da Brilat: se isto non se arranxa, vamos a meternos todos nun inferno, os veciños contra os militares enfrentados de por vida.

-_Que recomenda facer aos propietarios afectados?

- Estámoslles pedindo aos veciños que desobedezcan totalmente esa orden da franxa de seguridad. Somos moitos e entre todos afrontaremos esa desobediencia. Pero nas entrevistas que tivemos cos militares de aquí xa comprobamos que incluso a eles lles parece ridículo. É unha orde que ven de fora, que a aplicaron aquí sin coñecer o terreno e que incluso aos militares de aquí lles parece pouco pensada. Dame a impresión de que agora se lles desbordou o problema. Eles mesmos saben que esta base non a poden ampliar no lugar no que se atopa. Sería unha barbaridade. E iso que eles ven aquí alguén o ten que ver fora tamén. Estamos sacando a conclusión de que todo isto foi feito sin calcular.

- Reclaman tamén a propiedade do monte comunal?

- Dado que a Comunidade de Montes de Salcedo, que é a responsable do patrimonio comunal, non está a reivindicar ese dereito, pois nós, como comuneiros e como propietarios afectados nos temos que erixir en defensores do monte, da usurpación dos manantiais, do destrozo do patrimonio cultural, de todo o que se está facendo alí. Xa que a Comunidade de Montes, polo que se ve, pasa olímpicamente de toda esa problemática, pois témolo que facer nós.

- Cal é a solución a este conflicto?

- O primeiro é que eximan ás propiedades dese perímetro de seguridade, iso é totalmente innegociable. No monte, si a Comunidade de Montes lle permite ampliar o seu perímetro no terreno comunal, nós non temos capacidade para decidir aí. Pero no que afecte ás propiedades, aí non vamos claudicar baixo ningún concepto.