O poeta Carlos da Aira foi nomedo gañador da trixésimo cuarta edición do Premio de Poesía Cidade d e Ourense.

A súa obra "Prender os fachos, compoñer os ósos" terminou por encandilar ao xurado do premio, que destacou o "despoxo de artificialismos e a riqueza léxica" do discurso para transmitir a súa mensaxe. Carlos da Aira levará por tanto un premio de 6.000 euros en metálico e a publicación de 150 exemplares do seu libro.

Ademais, como gañador se lle otorga a posibilidade de formar parte do xurado da edición número 35 deste mesmo concurso.

Entre los elixidos no Premio de Poesía Cidade de Ourense encontrábanse personalidades como o poeta e presidente do Pen Club Galicia Luis Tosar, a profesora de lingua e literatura galega Soedade do Muíño, o poeta Edelmiro Vázquez Naval e o xornalista e gañador da anterior edición Fernando Fitas. Todos eles sen excepción consideraron a Carlos da Aira gañador, polo que o poeta alaricán levouse o premio por unanimidade.

Entre outras valoracións, os integrantes do xurado subliñaron "a poderosa suxestión da palabra" na obra, tildando a mesma de "exemplo de cómo é posible denunciar, insinuar e dar o recado desempeñando así unha das funciones promordiais cuxo significado revístese de particular significado nos días que corren"

Nacido en Euskadi e fillo de emigrantes galegos Carlos da Aira reside en Nanín, unha aldea do Concello de Allariz dende onde organiza eventos culturais co obxectivo de acrecentar a visibilidade do arte. Como amante da poesía e o relato corto, Carlos leva anos involucrado no arte a través de colectivos poéticos e recitales ou festivales da mesma temática.

A súa vez, Carlos da Aira é un apaixoado artístico da música tradicional, en concreto de instrumentos como a gaita, o tambor e a pandereta. En 2014 creou cos seus poemas e distintas colaboracións a exposición/espectáculo "Poemas sen[ser]tido" e comezou a dirixir o Poemagosto, un festival internacional de poesía en Allariz.

A partir do 2015 fíxose cargo de 'Ponme un Poema!', unha ruta poético-gastronómica polos bares e rúas de Allariz. Tamén colaborou en varias ocasións coa cantautora Silvia Penide, unindo versos, voz e música.

De maneira recente Carlos da Aira presentou o seu poemario titulado "Corpo a corpo" en Allariz e Amarante (Portugal).

O xoven poeta segue cultivando a súa obra mentres xurados como o do Premio de Poesía Cidade de Ourense recoñecen a súa labor.