06 de noviembre de 2010
06.11.2010

Ourense rende homenaxe no Ateneo ao mestre e galeguista Luís Taboada Camoeiras

No acto fíxose un repaso da súa persoa como profesor, amigo, republicano, ourensán e avó

06.11.2010 | 10:41

A cidade de Ourense rendeu onte merecido homenaxe o mestre, galeguista e republicano Luís Taboada, finado o pasado mes de agosto aos 92 anos de idade. Segundo explican desde a concellería de Cultura, dende ese mesmo momento xurdiu a idea de honrar a este persoeiro, e deste xeito, dar a posibilidade de que aqueles que por atoparse fora da cidade non puideron despedilo, puideran agora lembralo.
Xosé Manuel Cid, Xosé Lois Carrión, Xosé Ramón Gómez, e María Soledad González lembraron todos os aspectos que abranguía Luís Tadoada, mestre, republicano galeguista, ourensán e, por riba de todo, amigo. Pero sen dúbida, o momento máis emotivo foi no que a súa neta leu unha carta que lle escribiu o avó o día do seu pasamento. O seu fillo, José Manuel Taboada asegura que reciben "emocionados e orgullosos" esta homenaxe o seu pai. Dálle igual o cando "sería bonito que el estivese aquí para disfrutalo, pero eu so penso no que isto simboliza e so podo sentirme agradecido" afirma Taboada fillo.
Lembra ao seu pai como un "home entrañable, moi pai, que me acompañaba a calquera actividade que realizara, aínda que el non participara". Manuel Freire, como vello amigo de Luís Taboada, defíneo como " un home que enganchaba, que contaba as cousas porque sabía como sucederan".
Mestre ata o 1975 en Bouzas, ata trasladarse a Ourense, era un namorado da súa profesión. O seu fillo conta como "nada máis xubilarse aínda ía onda os compañeiros por se tiñan que saír cubrirlle esa hora que necesitaban". Xa en Vigo dende hai oito anos, cos problemas propios da idade, non renunciou aos seus paseos pola mañá e a tarde nin a relacionarse cos seus veciños. Ata o último día deixou pegada.
Un recordo alegre, foi o que se lle dedicou a don Luís, do que aínda custa falar en pasado. A coral de Ruada, á que seguía, puxo o remate dunha homenaxe ao home que contaba as cousas sabendo o como e o por que.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
En estas fiestas, sobran los motivos para beber elaboraciones de vino gallego. En 2018, Galicia firmó la segunda mejor cosecha de su historiay nuestras bodegas despiden el año con un buen balance en todos los sectores