07 de diciembre de 2008
07.12.2008

Millán Picouto presenta a quinta entrega da súa obra dramática, "Ciclo de Xúpiter"

07.12.2008 | 01:00
Manuel Ramos con Millán Picouto.

Edicións Linteo acaba de sacar a rúa a quinta entrega da edición completa da obra dramática de Millán Picouto, Ciclo de Xúpiter, despois da publicación de Ciclo de Venus (2001), Ciclo de Mercurio (2002), Ciclo da Terra (2006) e Ciclo de Marte (2007), premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Consta de volumes integrados por traxedias e comedias que se agrupan en ciclos planetarios como partes orgánicas dun vasto edificio teatral insólito nas letras galegas.
A devolución da palabra poética ao escenario, a recuperación desde Galicia, e á altura dos tempos, dos mellores modos da tradición teatral europea, coa súa autonomía verbal, a incorporación da tradición musical galega, reelaborada, ao teatro, son designios que alentan en toda a produción dramática do autor.
As primeiras edicións de María Soliña e Prisciliano en Trévaris, de 1994 e 1995 respectivamente, apareceron con texto e música vocal e instrumental, e en 1997 o libro de partituras vocais progresivas Escola Coral de Poesía e de Música recollida e desenvolvida con intencións didácticas e modos e recursos contemporáneos, o espíritu e as formas principais da tradición musical galega.
En Obra lírica completa (Edicións do Castro, 2000), reuniu a poesía que publicara desde Sonetos da lúa chea (1980).
Deus do ceo e mais planeta maior, nume da cidade e das asembleas populares, patrón do Estado e gran potencia tutelar do Imperio, Xúpiter preside o ciclo central do poeta, ocupado con momentos e figuras principais do poder político da antigüidade clásica, que no volume se desenvolven con exuberancia transitando por varios escenarios viventes. Tal é o marco das traxedias Péricles e Aspasia, Vercinxetórix, Príncipe de Galia, Xulio César e Zenobia, Raíña de Palmira. A comedia dramática Lánser e Íngrid, afastándose do Mediterráneo e da historia clausura o conxunto.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine