Fontiñas da terra nosa,

alegres e cantareiras,

que cantan de amor cantigas,

nas ciudades e nas aldeas.

Fontiñas qué cando cantan,

o mesmo tempo elas rezan,

rosarios de branco vidrio

con doas de transparencia.

Fontiñas que tamen choran por as amargas ausencias,

dos que se foron pra lonxe

ou dormen soños de terra.

Estribillo:

Fontiñas nosas fontiñas

Tesouros da nosa terra meiga

Que apagan sedes e curan no corpo

e ialmas doenzas.

Que Deus vos deixe fontiñas

Cantar cantigas de festa

e facer ben a os sedentos

que pra beber a vos chega.

Estribillo recitado:

"Fontiñas belas fontiñas

fontiñas da terra meiga

que ten a ialma tan quente

que a auga o brotar xa ferve

E sí vos non mo creedes

Ide as fontiñas das Burgas ala no medio de Ourense.

Fontiñas nosa fontiñas...

Fontiñas nosas fontiñas...