| O Club Golfiños celebrou onte a terceira edición da súa iniciativa para distinguir a unha Bueuesa Senelleira, dentro dos actos do Día Internacional da Muller. Nesta ocasión a homenaxeada foi a mestra xubilada Consuelo Davila "Curucha", que impartiu clase en Oia, Vilanova, Beluso e o IES Johan Carballeira. O acto de recoñecemento foi na sala Amalia Domínguez Búa.