É un dos referentes vivos do pensamento crítico galego e, ós seus 91 anos, recibirá un agasallo tan especial como a emisión dun documental da súa longa, prolífica e intensa vida. "Cidadán Alonso Montero, o mestre das palabras" verá mañá a luz no auditorio de Cangas, unha obra de Xan Leira que profundiza na faciana pedagóxica deste profesor-pensador que desde a súa tribuna procura construír unha sociedade de cidadáns libres. O documental contou coa colaboración de numerosas personas, entre elas Miguelanxo Murado, Víctor Freixanes, Bieito Ledo ou Cuchús Pimentel, entre moitos outros.

Xesús Alonso Montero naceu en Vigo o 28 de novembro de 1928 e considérase "un Balbino, un rapaz da aldea", que se namorou da lingua galega e se licenciou en Filoloxía Románica. Á súa labor como profesor uniu un compromiso social e político que se reflectiu en actuacións como a súa oposición ao encoro de Castrelo de Miño. Foi profesor na Universidade de Santiago ata a súa xubilación e presidiu a Real Academia Galega entre 2013 e 2017.