Segundo os estudos do Consello Europeo de Seguridade nos Transportes, os accidentes causado por exceso de alcol matan 5000 persoas en Europa, por ano. Estas elevadas taxas de sinistralidade asociadas ao consumo de alcol fixeron que a Unión Europea recomendase aos estados membros a utilización de dispositivos bloqueadores do sistema de ignición dos vehículos en programas de rehabilitación e de prevención viaria.

Así, no programa de "Orientacións da UE para a seguridade viaria (2011-2020)", no que respecta a condución baixo os efectos do alcol, se establece que as sancións deben ir acompañadas de medidas de prevención. Por conseguinte, a Comisión europea analizará a conveniencia de adoptar medidas para facer obrigatoria a instalación nos vehículos de dispositivos de bloqueo do sistema de encendido (Alcohol interlocks na expresión inglesa), nomeadamente para os transportes profesionais e autobuses escolares.

Os Alcoholímetros electrónicos con dispositivo de bloqueo da ignición dun vehículo (ABI) xorden no contexto da prevención viaria, e foron implementados nos EEUU en 1986, no Estado de California e comezaron a ser utilizados en Europa a partir de 1999. As solucións adoptadas varían entre a utilización dos ABE como medida punitiva, preventiva e tamén co obxectivo da rehabilitación dos condutores infractores.

Os ABI, son dispositivos de medición do consumo de alcol a través do análise do aire aspirado e están ligados ao encendido do vehículo. De tal modo que si se produce unha taxa de alcohol superior a permitida pola programación do aparato, o vehículo non inicia a súa marcha. O dispositivo dispón dunha memoria interna de almacenamento de datos, que entre outros, rexistra as posibles fraudes na utilización do equipo e o número de tentativas de ignición do motor do vehículo producidas con posterioridade ao rexistro de alcol expirado. O dispositivo é capaz de identificar se o alcol detectado na proba de alcoholemia procede realmente do aire expirado ou se trata de alcol residual na boca. Para establecer o contido de alcol en sangue o condutor ten que soprar o alcolímetro antes de arrincar o motor, e despois en diversos momentos durante o desprazamento.

Así, o dispositivo contribúe a eliminar sistematicamente o risco de accidente por causa do alcol e impide a condución se o propietario do vehículo non se atopa en condicións. A súa eficacia esta plenamente contrastada pois o risco de accidentes con lesións nos vehículos equipados cun Alcolock redúcese en aproximadamente un 50 % . Ademais, estímase que os Alcolock xeran unha redución entre o 40 e o 95 % na taxa de reincidencia das persoas condenadas por condución baixo os efectos do alcol.

Actualmente existen na UE dous modelos de aplicación do ABI, un de carácter preventivo e outro co obxecto da rehabilitación. Esta última se aplica en caso de imposición dunha pena e vai dirixida a todos os condutores que teñan superado a taxa de alcohol permitida, dando unha taxa moi alta ou sexan reincidentes neste tipo de infracción. A frecuencia do programa de rehabilitación é, normalmente, voluntaria mais no caso de que o condutor non cumpra perde o permiso de conducir.

O segundo modelo, de carácter preventivo, é mais xeneralista aplicándose a todo condutor que desexe asistir (persoas privadas que queiran adquirir o equipo, grupos específicos de condutores profesionais que deban, por lexislación, someterse ao programa).

Internacionalmente o programa de rehabilitación é ben aceitado como medida efectiva de control e diminución da sinistralidade viaria. En Suecia converteuse en definitivo no 2003 e como medida preventiva en camións e taxis e vehículos de transporte escolar. Outros países da UE tamén o adoptaron: Finlandia (2008); Bélxica (2010); Holanda (2011). En Francia, a súa utilización é obrigatoria en autobuses escolares e nos vehículos lixeiros e é voluntaria no transporte de mercadorías. No Reino Unido, Portugal, Alemaña e Polonia o uso e facultativo no transporte de mercadorías. Os resultados da aplicación do programa apuntan a unha redución media do 90% de reincidencias, en comparación con outros sistemas de control.

En España, o artigo 83.8 do Código Penal, contempla a prohibición de conducir vehículos de motor que non dispoñan de dispositivos tecnolóxicos que condicionen seu encendido ou funcionamento para evitar novos delitos contra a seguridade viaria. Esta disposición, obviamente, resulta inaplicable mentres tales mecanismos non estean debidamente implementados.

De podermos avanzar na implementación deste reto europeo, anunciada para maio de 2022, os beneficios para a seguridade viaria serán enormes. Traducidos en aforro de millares de controis policiais de alcolémia, millares de xuízos penais, millonarios gastos para o sistema sanitario é, o mais importante, na posibilidade de salvar miles de vidas humanas.

*Fiscal na Fiscalía Superior