Natural de Córdoba, era profesor e catedrático de Lingua e Literatura, parece que tamén exerceu como director do Instituto de Segunda Ensinanza de Vigo ( Santa Irene) , director do Instituto de Segunda Ensinanza de Albacete, avogado, licenciado en Filoxofía e Ciencias Políticas e profesor de Lexicoloxía na Escola Oficial de Periodismo de Albacete. Foi represaliado polo réximen de Franco, debendo ser dado de baixa no seu escalafón. Logo de presentar un recurso, minorou a sanción. Jerónimo Toledano Cañamaque faleceu o día 1 de novembro de 1955, nunha viaxe a capital, cando exercía como director no Instituto de Ensinanza Media de Albacete.