11 de julio de 2019
11.07.2019

O Eirado de Cela acolle o sábado o XVIII Festiva del Retrouso

Haberá sete grupos de toda Galicia

11.07.2019 | 11:58
Un momento do festival de Retrouso do ano pasado.// S.Álvarez

Retrouso celebra esta fin de semana a decimoitava edición do seu festival, no que participarán sete grupos procedentes de distintos lugares de Galicia. O certame será o sábado a partir das 21.00 horas no Eirado de Cela e incluirá a celebración da súa sexta retrofoliada.

O festival contará coa presenza do Grupo Castromao de Mondariz, que devolve a visita que fixo o ano pasado o conxunto bueués aos seus actos do XXXI Día da Muiñeira, e de Retrouso, que ofrecerá dous pases para mostrar o amplo traballo das súas seccións de baile.

A continuación será o momento para a retrofoliada, que conta coa presenza confirmada de sete agrupacións: Alxibeiras de Areas (Ponteareas), Cantigas e Agarimos (Santiago), Trébede (Cangas), Naicosqueira (Bueu), Trespés (Vigo), Prima de Buxo (Vigo) e Son d'Aquí (A Coruña). Está previsto que a retrofoliada comece a partir das 22.00 horas e tras a actuación destes conxuntos o escenario quedará listo para unha foliada aberta, na que calquera grupo da contorna pode subir a tocar e facer bailar ao público.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Comeza un ano máis o Concurso Illas Cíes no que os nenos e nenas de Vigo nos contan como ven eles as Illas Cíes

FaroEduca