A asociación cultural Peis d'hos volta celebrar o cambio de estación saíndo a cantar polos bares de Cangas. Mañá, domingo, dende as 12.00 horas, percorrán varios locais da zona vella da vila, como Casa Macillos, Bar Alameda, Tapería O Arco, A de Quique e A Parrocha. Deste xeito, o colectivo pretende recuperar a tradición de cantar polos bares e tabernas, ofrecendo unha ruta cantada polos establecementos de Cangas onde a voz e o canto tradicional, popular e de taberna serán os protagonistas.

Estas "cantadas" -xa as fixeron no Nadal, na primavera e outra o ano pasado, e teñen a "idea de voltar a repetir en máis ocasións"- pretenden ser "unha proposta destinada a desfrutar da nosa música popular e tradicional de forma colectiva". Para iso contactaron con outras asociacións e "convidamos a vir e participar ás persoas que queiran sumarse a cantar as cancións de sobra coñecidas".