Camilo Camaño acaba de inaugurar a exposición "Encontros no Alántico" no palacio que alberga a Biblioteca Pública e Archivo Rexional de Ponta Delgada, na illa de San Miguel en Azores. Permanecerá aberta maio e xuño. A mostra consta de 17 pezas pictóricas e catro paneis de "Arte e natureza", que incluen proxeccións relatando intervencións e a performance feitas nun encontro de arte, coincidiendo co cumio mundial sobre o desenvolvemento sostible, celebrado en 2002 en Johannesburgo, no que aONU alertou da última oportunidade de salvar o planeta. "Encontros no Atlántico" quere ser a base dunha relación de intercambio entre ambas culturas.