O músico e escritor Xurxo Souto acudiu o xoves a Bueu para presentar a súa nova novela, "A gran travesía de Chiruca Macallás", un acto organizado pola Librería Miranda. A presentación, introducida polo xornalista de FARO Salvador Rodríguez, reuniu a numeroso público e contou cun apartado musical coa Coral Polifónica de Bueu, rebautizada para esta ocasión como a Coral Poliocéana de Bueu.

A seguinte presentación será o 7 de decembro, coa presenza do escritor Manuel Rivas, que estará presentado pola poeta Míriam Ferradáns, e que acode a presentar "Un manifesto contra todo isto" e "Vivir sen permiso e outras historias do Oeste".