O grupo de danzas Ximalveira, do Hío, celebra este sábado una nova edición do seu Festival da Amizade. O evento chega a súa edición numero vinteún e será a partir das 21.30 horas no entorno do adro e cruceiro do Hío. Este ano o cartel conta coa presenza de Pandereteir@s do Arco, do Hío; Asociación Cultural y Etnográfica La Arracada, de Zamora; Asociación Cultural de Veciños de Leira, de Ordes; e o propio grupo anfitrión de Ximalveira. Na organizacióin do Festival da Amizade o grupo conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Cangas.

Por outra banda, Ximalveira vén de actuar no XIII Festival Folklórico El Cimborrio, que se celebrou a finais do mes de xullo na Plaza de la Constitución do municipio madrileño de San Lorenzo de El Escorial. O grupo do Hío acudiu invitado pola agrupación local de El Cimborrio para mostrar parte da música e baile tradicional galego.