Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Proposta dunha carpa na alameda para a venda de libros e revistas de teatro en galego

Proposta dunha carpa na alameda para a venda de libros e revistas de teatro en galego

Tamén a Mostra garda un oco para as Exposicións como por exemplo as que houbo, por citar algunhas en diferentes edicións, de "Carteis, Máscaras e Libros de Teatro" nos escaparates de Libraría Vilafer". Falando de libros cabería a posibilidade de que en próximas edicións da Mostra houbese durante todo o tempo que dura a Mostra unha Carpa, na Alameda Vella por exemplo, onde se puxeran en exposición e venda libros e revistas de teatro e mesmo asinaran exemplares autoras e autores de textos dramáticos e libros de teoría teatral. Sería unha boa ocasión para difundir o libro teatral en galego e noutros idiomas e marcaría unha nova característica da MITCF. Velaquí unha proposta que a Comisión Organizadora ben podería xestionar coas librarías de Cangas e da comarca.

Seguindo coas exposicións tamén as houbo de"Paneis sobre 15 anos de teatro galego"; "Vestiario teatral"; "Maquetas e atrezzo teatral"; "Fotografías dos dez anos de Mostra" que se colgaron nas cafeterías ou pubs como o Alondras, La Marina, Fonte do Galo, Pub Acme, Canis Lupus, Komplot e no C. Náutico de Rodeira". Exposicións de pintura "Grupo Leste" ou do colectivo "A carón do mar".

Esta orientación segue a manterse hoxe coa Exposición Antolóxica de María Mazás na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Cangas.

Compartir el artículo

stats