O Ateneo Santa Cecilia inaugura hoxe a exposición da pintora marinense Fina Moreira que ofrece unha antolóxica da súa obra. Fina Moreira "é unha pintora de vocación tardía que estaba latente e que agora manifesta con gran intensidade e paixón". A inauguración terá lugar as 13.00 horas na sala de exposición do Ateneo Santa Cecilia, na Rúa do Forno 42. Durante a inaguración actuará a soprano Dania Diva.

Ademais o Ateneo oferta tamén hoxe un curso fotografía en móvil, a celebrar pola mañá.