22 de diciembre de 2017
22.12.2017

Bernardino Graña recibe aos seus pequenos lectores

Escolares de Panxón acudiron a visitar o escritor á residencia Stella Maris

22.12.2017 | 03:50
Bernardino Graña onte cunha pequena alumna de Panxón. // J.Lores

Hai uns meses que o escritor e membro da Real Academia Galega Bernardino Graña reside na residencia Stella Maris de Panxón e os alumnos da escola infantil Dunas de Panxón déronlle onte a benvida ao municipio. Os rapaces desprazáronse ao centro para coñecelo persoalmente despois de abordar a súa figura e a súa obra na clase, dentro dun proxecto educativo sobre a poesía e os poetas. O autor, fundador e primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, agradeceulles a homenaxe, na que os rapaces recitaron algúns dos seus poemas e agasallárono cun mural.

Non foi a única visita que recibiu o escritor cangués estes días na súa nova residencia en Panxón.O mércores acudiron a visitalo o concelleiro de Ensino de Cangas, Xoán Chillón, e o artista Camilo Camaño, entre outros.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook