A Federación de Anpas A Gameliña de Cangas organiza hoxe a terceira edición do seu desfile e festival folclórico, no que participarán alumnos e alumnas dos colexios de San Roque, Castrillón-Coiro, Nazaret e O Hío.Cada ano a organización corresponde a un dos centros educativos e nesta ocasión correspóndelle ao colexio de Nazaret.

Os actos comezarán a partir das 11.00 horas cun desfile que sairá dende o entorno do reloxio da Alameda Vella de Cangas. Os máis de 80 rapaces que participarán no festival sairán dende este punto desfilando polas rúas do centro da vila ata chegar a explanada de Ojea, detrás do Concello de Cangas. Alí comezará a partir das 12.00 horas o festival, que incluirá pandeireta e baile tradicional.

Dende a organización indican que en caso de mal tempo o festival trasladaríase ás instalacións do Auditorio municipal de Cangas.