"Sempre crin na bondade da obra", afirma Soto, que asumiu o risco de dar "liberdade absoluta" ao creador. "Leiro chamáballe homínido e foi unha nena de catro anos a que lle puxo o nome ao Sireno", recorda o entón alcalde. Non esperaba que se convertese "no símbolo de Vigo".