03 de octubre de 2009
03.10.2009

A Mangallona está de cumpreanos

A casa museo situada en Coiro cumpre vinte anos

03.10.2009 | 03:31
A fundación presentou onte os actos do vinte aniversario da Mangallona. // G.Núñez

Está situada bun fermoso enclave do Carballal, na parroquia canguesa de Coiro. Hai vinte anos Camilo Camaño Xestido culminaba o proceso de recuperación deste lugar para convertirlo nunha casa museo chea de arte e historia.

A Casa Museo A Mangallona está de noraboa. Este inmoble, restaurado e rehabilitado polo artista cangués Camilo Camaño Xestido, é un dos emblemas museísticos de Cangas e da comarca do Morrazo. O edificio atópase no Carballal, na parroquia de Coiro, e está a punto de celebrar seu vixésimo aniversario. Por iso, onte a fundación presentou publicamente un programa de actos cos que conmemorar unha data tan significativa.
O día do cumpreanos será o vindeiro sábado 17 de outubro. A partir das 11.00 horas haberá un acto e unha charla introductoria acerca da historia e dos contidos da Casa Museo A Mangallona. Será o paso previo a unha visita guiada polas instalacións, un percorrido no que os visitantes poderán coñecer os segredos deste lugar e contemplar as numerosas obras de arte que hai no seu interior. O programa matinal de actividades concluirá coa representación dunha peza musical chamada "Luces da Mangallona", composta polo Mestre Carballo especialmente para esta ocasión.
Os actos continuarán pola tarde, cunha nova presentación ás 17.00 horas e cunha visita guiada ás dependencias. Nesta ocasión estará presente a Banda de Gaitas Manxadoira, do Concello de Bueu, que interpretará tres temas. Dúas de esas composicións foron escritas precisamente para este aniversario tan especial da Mangallona.
Ás 19.15 horas terá lugar unha mesa redonda na que se tratará a situación desta casa museo e a da arte contempránea en xeral. Estará presente o impulsor da iniciativa, Camilo Camaño Xestido, acompañado por Ernesto Campos e Ramón Rozas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine