Ana Campos foi Fígaro e Ainhoa Pereira, Susana, a sua prometida. Amba-las duas son alumnas do Colexio Eduardo Pondal de Cangas e onte estaba previsto que se subiran ó esceario do Instituto María Soliño para representar “As vodas de Fígaro”na segunda xornada das cinco da XIII Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo. Fígaro e Susana son os criados do Conde de Almaviva, o que deu vida Miriam Otero, e están ultimando preparativos para a sua boda. A obra trata o antigo dereito de pernada. Nesta representación todas, menos un, foron mulleres que deron vida a persoaxes como o doutor, marcelino, Querubín, Basilio ou o xuiz. Carlos Pérez representou a Antón.

A Mostra, que arrancou o venres e clausúrase o xoves con sete grupos de seis institutos da comarca, desenvólvese con duas funcións ó día, as 10.00 e as 12.00 horas. Onte tocoulle arrancar os primerios aplausos ó grupo de teatro do IES As Barxas de Moaña que representou a obra “Os noivos da Torre Eiffel” de Jean Cocteau. Cun repertorio amplísimo de dezaséis alumnos, tamén con maioría de mulleres, supiron demostrar as suas dotes enriba dun escenario.

O programa de hoxe inclúe a función do grupo de teatro Filigrana do IES A Paralaia de Moaña coa obra “A avoa Sol e as Trece Rosas”, de Maxi de Diego e traducida polo Departamento de Lingua Galega do centro. “La abuela Sol y las Trece Rosas” e unha obra de teatro escrita para ser representada por alumnos e alumnas do instituto para manter viva a memoria das trece jóvenes republicanas fusiladas na Guerra Civil, sin xuizo nin defensa. No reparto, todo mulleres.

As 12.00 tocaralle ó turno o grupo “Faise escuro” del IES Rodeira de Cangas. Cinco alumnos e catro alumnas darán vida a “Gilipollas¡ Somos ou estamos? Gilipollas”.