02 de diciembre de 2008
02.12.2008

Rememorar o rock galego dos anos 80

Actividades do II Festival Furtivo

02.12.2008 | 01:00

"O rock era visto polos nosos pais como algo maldito". Así comezaba a mesa redonda que onte tivo lugar no IES Rodeira destinada a uns atentos alumnos de 4º da E.S.O. e Bacharelato. A actividade, que forma parte do programa da semana cultural do II Festival Furtivo, tivo como poñentes a algúns dos líderes dos grupos de rock galego. Vituco, vocalista do grupo Ruxe- Ruxe; Antonio Amblés, da mítica banda dos 80 Los Cafres e participante da primeira formación de Def con Dos; Xosé Bocaixa, vocalista de Zenzar, e Suso, do grupo morracense Soak, foron os protagonistas da mesa redonda.
As 16.00 horas os rapaces, en vez das súas clases habituais dirixíanse ansiosos a escoitar unha charla que pouco tiña de temario estudantil, pero sí moito das regras da vida. Xa o nome, "O Rock en Galicia", era máis atractivo que calquera asignatura, por iso, respirábase un silencio sepulcral cando Alvaro Estévez lanzou a primeira pregunta ó aire: ¿Cómo vedes o mundo do rock galego dende os vosos comezos ata hoxe?
A través das súas experiencias persoais, os diferentes cantantes achegaron ós rapaces a súa visión do rock galego na actualidade e tentaron motivalos para ser partícipes do mundo da música. "Hoxe é moito máis doado crear unha banda que cando nós comezamos", explicaba Vituco. "Recordo que nos oitenta, éramos chavales coma vos e sen ter máis que dúas caixas que facían de batería e unha guitarra de dudosa calidade formamos o que hoxe é Ruxe-Ruxe", engadía o vocalista.
Ademáis, os "rockeros", todos cunha longa traxectoria, analizaron os pros e contras de cantar en galego. "Nos primeiros anos, ó mellor era unha traba para nós, pero hoxe en día creo que cantar na nosa lingua é unha axuda, sobre todo dende o punto de vista comercial", recoñecía o vocalista de Zenzar, Xosé Bocaixa.
Os alumnos escoitaron sen emitir palabra pero pouco a poco foron brotando as preguntas. Os músicos, remitíndose as súas experiencias aconsellaron ós rapaces e solucionaron as dúbidas. Pero foi o líder de Soak o que máis aplausos arrancou ós xoves. Suso recalcoulles que "ós grupos que se crean hoxe en día fáltalles o espíritu de loita", e animounos a "consumir menos e crear máis".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine