19 de julio de 2008
19.07.2008

Cangas renova o compromiso cos libros

19.07.2008 | 02:00
Fernández Maira e Pazos Varela presentaron onte o programa. / G. Núñez

Dez librerías da comarca e o contorno participarán a vindeira semana na Alameda Vella na "IX Feira do Libro". O pregón será a cargo do escrito Xosé Vázquez Pintor

A Feira do Libro de Cangas consolídase como unha das citas culturais do verán na comarca. O mércores comezará a 9ª edición, na que se instalarán dez postos de editoriais e librerías -entre elas, de Cangas, Bueu e Marín- e que conta cun amplo programa de actividades e animación á lectura nun momento en que o sector está a facer frente á crise cun incremento de vendas de entre o 10% e o 15%, segundo sinalou onte, na presentación, Antonio Fernández, na presentación do evento co edil de Cultura, Xosé Manuel Pazos.
A feira abrirá ás 11 da mañá. A inauguración oficial será ´ás oito da tarde co pregón de Xosé Vázquez Pintor, que logo presentará o seu último libro, "Para dicir abril", acompañado de Ánxela Gracián, da editorial Sotelo Blanco. Cun sorteo de libros, que se repetirá cada xornada, pechará o primeiro día.
Nas xornadas seguintes haberá obradoiros e xogos para nenos pola asociación Ameneiro; o espectáculo de contos e maxia "Contaxia", con Fátima e o Mago David; firma de exemplares de "Las hijas del César", de Pablo Núñez; recital narrativo-musical de Xosé Carlos Caneiro sobre "A vida nova de Madame Bovary"; contacontos de Servando Barreiro e Pavís Pavós; e charla coloquio sobre "Novas verbas", con Antonio Vallejo e Marisol Iglesias. A asinación de libros por Fina Casalderrey e un monólogo cómico de Cándido Pazó pecharán feira o domingo .

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 
Este domingo se disputa el Desafío Santander Islas Cíes y en FARO lo celebramos sorteando 10 mochilas oficiales del triatlón. Contesta a las preguntas y luce mochila nueva.

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .