Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Milena Villar Varela: "A adolescencia non percibe a violencia de control"

"A rede social que máis empregan para insultar e violentar é WhatsApp, aínda que a metade da poboación non se decata"

Milena Villar, antes de comezar a súa conferencia no Auditorio Municipal. // Bernabé / Ana Agra

A terceira xornada do curso de igualdade de Lalín, celebrada onte, estivo enfocada á subxectividade masculina, á violencia e á literatura feminista. "Señoros ilustrados": A subxectividade masculina, foi a primeira das tres conferencias, na cal Iván Sambade Baquerí, doutor en Filosofía Moral, fixo referencia ao androcentrismo, un sesgo social que fai que os varóns estean máis valorados que as mulleres. Pola súa parte, Montse Pena Presas, profesora de Didáctica da Lingua e Literatura, falou sobre a influencia que tivo o feminismo na literatura infantil e adolescente ao longo dos anos. A violencia 2.0 a exame na poboación adolescente galega é o nome da conferencia que impartiu, Milena Villar. Esta lalinense realizou un estudo, a nivel da comunidade autónoma, a alumnos de terceiro e cuarto da ESO sobre a violencia.

-Como xurdiu a oportunidade de adentrarse na investigación sobre a violencia 2.0?

-Estaba realizando a miña tese doutoral, que tamén é sobre a coeducación e educar en igualdade, e unha compañeira miña tamén estaba facendo a súa tese sobre as emocións dende a perspectiva de xénero. Entón a Universidade de Barcelona contactou con nós porque tiña visto os nosos estudos de xénero, para realizar este proxecto en Galicia. Nós dixémoslle que si porque tiñamos a experiencia e a formación necesaria.

- Para poder presentar este proxecto fixeron un estudo a alumnos de terceiro e cuarto da ESO. Cal foi o resultado obtido?

-Hai algúns datos que son xenéricos como que a mocidade - se ben cre que manter contacto pola rede con persoas descoñecidas é unha conduta de risco- tres de cada dez seguen pensando que non ten ningún perigo. A rede social que máis empregan para insultar e violentar é WhatsApp , ainda que a metade da poboación non se decata. Un dos aspectos máis destacados do estudo é a falta de concordancia do alumando xa que, ao principio, decían que nunca agrediran e, ao final, acababan recoñecendo que si acosaran algunha vez. Independentemente da forma, da tipoloxía da agresión e da persoa que a levara a cabo, a principal vítima sempre é a muller. A maioría da mostra entendía a muller como un obxecto a que criticar e humillar polo físico, orientación sexual ou a actividade sexual.

- Polo proxecto que está presentando recibiu un premio. Como foi?

-Gañamos o terceiro premio ao proxecto de investigación sobre a introdución da perspectiva de xénero na docencia., un premio que otorga a Universidade de Santiago de Compostela.

- A súa tese de doutoramento trata sobre a coeducación. Cre que se necesita unha maior formación do profesorado?

-Si, a miña tese está orientada na formación en igualdade do profesorado para que descubran a coeducación, e o seu verdadeiro significado. Ademais, proporcionarlle os recursos e as ferramentas necesarios para que poidan educar en igualdade ao alumnado. Concretamente, o meu programa céntrase no profesorado de educación primaria. A coeducación está establecida como unha obriga a nivel legal, pero nos centros educativos non se está levando a cabo. Por que? Non o sabemos, quizais é porque as administracións non control o suficiente para que isto se cumpra. Ademais, moito do profesorado tampouco está formado, nin sequera sabían o que era a coeducación.

- Tras esta investigación, cres que se está producindo un retroceso nas actitudes machistas dos máis xóvenes en realción?

-Eu non diría que estamos en retroceso. Nunha das últimas enquisas sobre a percepción social da violencia de xénero de 2014, decía que a maioría da poboación rexeitaba a violencia, sobre todo a violencia física. Pero hai outros tipos de violencia, que son aceptados por case a metade da poboación. E isto repetíase na seginte enquisa centrada na investigación e na mocidade. Entón o que eu defendo e que non houbo un retroceso porque a adolescencia e, a xuventude en xeral, está en contra da violencia física. Pero o que si o patriarcado soubose adaptar moi be nás novas tecnoloxías e creou novos tipos de violencia a través das redes sociais como a violencia de control.

Compartir el artículo

stats