Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Serxio Rodríguez Pena: "Dende o novo milenio fíxose algunha música galega para oboe"

"Cando me dixeron que tería unha sobriña como Icía púxenme a traballar no segundo pasodobre que compoño para un familiar"

Serxio Rodríguez, onte, no Conservatorio de Lalín. // Bernabé/Javier Lalín

O auditorio Manuel Dopazo, da Bandeira, acollerá hoxe ás 20.00 horas o espectáculo dos concertos da Banda Recreativa e Cultural que levará por título "Facendo as Américas". O evento servirá tamén para a estrea do pasodoble "Icía Rial" do compositor trasdezao Serxio Rodríguez Pena. Ao remate do concerto recolleranse alimentos non perecedeiros para o banco de alimentos.

-Por que escolleu o oboe como instrumento para tocar na banda?

-Pois realmente foi unha historia curiosa. Eu quería tocar a trompeta, que era o instrumento do meu pai, pero nas bandas sempre traen instrumentos novos para ensinar. Unha vez trouxeron un oboe e pareceume moi curioso como soaba,. Como non había ningún na Recreativa dixen que o quería e aí estou dende aquela. Na familia temos unha longa tradición musical porque o meu pai toca a trompeta e estivo na Artística de Merza. Tamén a miña irmá toca a frauta.

-Este sábado estrea "Icía Rial", que é o segundo pasodoble que lle adica a un familiar, non si?

-Efectivamente. Fai dous anos compuxen o pasodobre "Zaizan" adicado aos meus sobriños Zaira e Izan, que son fillos da outra irmá que teño. O pasodobre que estreo hoxe é o segundo para alguén da familia e o cuarto que teño composto en total.

-Onde atopa a inspiración?

-Empecei a compoñero primeiro máis ou menos cando naceu o meu segundo sobriño. Un día xurdiu facer o segundo pasodobre para eles porque sempre é moi bonito compartir á música coa familia e os amigos. Ta pronto me dixeron a noticia fíxen este segundo pasodobre antes de que nacera Icía. A nena naceu fai menos dun ano e o pasadobre remateino antes.

-Son semellantes ou non?

-Eu intento facelos sempre diferentes. Si que ten un toque parecido ao principio porque quixen conectalo co anterior, porque se trata de tres familiares moi queridos. Sempre busco facer algo novo en cada un, pero nestes hai unha entrada común que os mistura dalgún xeito. Son mecanismos típicos dos pasodobres.

-A nena xa puido escoitar o pasadobre que leva o seu nome?

-A rapaza xa escoitou algo. Eu mandeille á miña irmá e ao meu cuñado a proba que se fai co ordenador, pero a nena non se entera moito de momento, claro. O sábado (por hoxe) estará co pai entre o público porque a nai estará con nós tocando coa banda a flauta.

-Que lle gusta máis compoñer ou tocar o oboe?

-A verdade que é unha pregunta que me fan moito ultimamente. Eu tamén me dedico moito a ensalzar un pouco a figura da música para oboe con raíces galegas. Trátase dun traballo que vai da man. Eu toco e compoño para o meu instrumento pero tamén para as bandas porque eu sen as bandas non sería nada. Tamén fago traballos para grupos de cámara, que axudan moito a sensibilizar sobre o traballo que facemos os compositores musicais aquí en Galicia.

-Supoño que habera pouca música galega feita para oboe.

-Dende o novo milenio algunha se fixo pero non hai demasiada, desgraciadamente. Feita exclusivamente en Galicia hai moi pouca, aínda que hai outra composta dende fora. Eu dedícome a compoñer calquera cousa e agora teño un proxecto interesante que me gustaría moito sacar adiante.

-Pode adiantar algo?

-É un traballo con David Villa, que é un oboista da Orquesta Sinfónica de Galicia, no que eu compoño a música para este instrumenteo. Trátase de ensalzar a música de oboe con raíces galegas.

-Mírase no futuro dirixindo unha banda como a Recreativa?

-É algo que verdadeiramente me gustaría facer dende sempre, pero o de compoñer tamén me fai moi feliz. De feito, a min o de compoñer sáeme de xeito natural.

Compartir el artículo

stats