Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Fernando Salgado Varela: "Coa memoria, a guerra non estará de todo perdida"

O autor presentará en Cerdedo o seu libro 1306/36 sobre o seu avó, Pancho Varela

Imaxe de Francisco Varela Garrido, portada do libro.

Tres anos de longa lectura, deambulando dun lugar a outro para recabar a información de toda unha vida. Esta foi a folla de ruta que seguiu o escritor Fernando Salgado para desentrañar o relato real do seu avó, Francisco Varela Garrido. Máis coñecido como Pancho Varela e natural de Cerdedo foi un republicano confeso que, pendendo do fío do destino, acabará mal parado no pobo salamantino de Monreles.

O próximo sábado 22, o seu neto chegará a Cerdedo para presentar ás 12.00 horas no restaurante O Meu Lar esta incrible historia.Así é que, 1.306/36, amais de encubrir o drama da guerra civil, pretende manter viva a figura de Pancho Varela, aínda que sexa na órbita da memoria.

-A historia deste libro versa sobre a figura do seu avó. Vostede creceu con ela ou descubiurna tempo despois?

-A compañeira del, miña avoa non dixo practicamente palabra algunha del, aínda que miña nai foi escoitando de oídas. Na miña casa houbo unha nube de silencio arredor da historia do meu avó porque quedaba ese trauma, ese drama. Ata moi avanzada a idade miña e a dos meus irmáns que chegamos a ser conscientes do tema. Mais o certo é que esa historia foi quedando aí, xa se sabe que na casa do ferreiro... Pero cando Carlos Solla publica o seu libro no que recopila traballos xornalísticos que publicara meu avó para El Pueblo Gallego, sentínme na obriga de poñerme co tema.

-Daquela, por onde comezou a investigar?

-Accedín aos arquivos militares de Ferrol para conseguir a causa penal. Eu quería tela sobre as mans para ver os motivos turbulentos, as declaracións, os partícipes, os lugares por onde andivo, etc. Eran máis de 300 folios aos que accedín hai cuestión de tres anos e servíronme de base para o libro.

-Para este fin, vostede estivo durante dous anos recabando información nun pobo de Salamanca, Monrelas que fora a última etapa do intento fracasado de fuxida do seu avó. Como foi esta experiencia?

-O que descoñecía era toda unha traxectoria vital. Ao chegar a este pobo estiven falando con seis veciños de entre 85 e 92 anos para que me describiran como era aquel lugar. Entón, descubrín que foi un familiar do meu avó, que tiña unha empresa concesionaria e era moi de dereitas, quen o trouxo a Monrelas coa intención de cruzar fronteira, chegar a Portugal e escapar. Logo, seguindo a súa andaina tamén estiven en San Pedro de Latarce, un pobo de Valladolid. Él estivo aquí cando o nomearon Secretario do Xulgado no ano 35 e aquí puiden falar co alcalde, co arcipreste, co secretario mais non fun capaz de atopar ninguna testemuña que recordase ao meu avó.

-Despois deste ir e vir, recorrendo o itinerario do seu avó case noventa anos despois, con que se vai atopar o lector en 1306/36?

-Con Monrelas. O libro comeza por aquí porque foi o lugar de esperanza para el. De feito, fixen unha descrición bastante grande sobre este pobo exemplar que conta con 300 habitantes cun nivel cultural altísimo e a xente vive moi implicada coas tarefas sociais. É un deses pobos que se resiste a morrer. Daquí retrocedo a Cerdedo, onde naceu meu avó, o 2 de abril de 1898. Seu pai, Gerardo Varela era o alcalde de Cerdedo e estaba, digamos, na liña dos caciques. Cando xa perdera a esperanza de ter un fillo varón, nacía meu avó Pancho Varela. Co seu nacemento, o seu pai entendía que chegaba un herdeiro dos negocios poderosos e da política. Pero o fillo saíulle roxo. Foi estudar maxisterio a Pontevedra, non acabou e xa comezou a meterse en organizacións estudiantís. No 34 cando foi a revolución de Asturias, confiscáronlle un montón de revistas e libros. Na prensa plantexaba sempre reinvindicacións sociais: apertura de escolas, de camiños, construccións de pontes. Ademais de cuestionar o papel do clero, da gardia civil máis dos caciques. Cando se produciu o golpe de estado, el foi nomeado representante do goberno en Cerdedo, con iso máis cos antecedentes anteriores, a súa sentencia de morte xa a tiña practicamente firmada.

-Entón, tivo a necesidade de marchar.

-Si.Escapou ao monte con dous compañeiros; un deles consegui fuxir a Brasil mentras o outro asasinárono preto de Pontevedra.O terceiro era o meu avó, que conseguiu baixar, ir ata o Carballiño e aquí ata Monrelas, de onde non sería capaz de rematar a última etapa.

-Mais de todo este drama de vivencia do seu avó, hai algo que emerxe para falar de esperanza?

-No libro hai unha parte que era descoñecida para min e que, ao tempo, me resultaba moi atractiva: a relación coa miña avoa. Atopei preto de 60 postais que el lle enviaba á miña avoa cando tiñan uns 22 anos dende distintos sitios de Galicia. Ao velas é como ver unha película da súa relación amorosa. Sei que había moitas máis pero son as que nos chegaron porque se foron perdendo cos anos.

-Contar o incrible relato dun republicano de Cerdedo perseguido e mal parado, hai alguna idea que se poida extraer hoxe dese capítulo da historia?

-O que facía el, ségueno facendo agora os colectivos que perseguen a xustiza social ou a dignificación da xente. Se olvidamos as cousas, os que ganaron a guerra farano por completo pero se as mantemos na memoria, a guerra non estará perdida de todo.

Compartir el artículo

stats