O Museo da Minería de Fontao inaugura hoxe a primera das exposicións que acolle trala devolución de legado de Jan Dirk Hilgen ao Concello de Lalín. Ás 13.00 horas a directora de Educación e Patrimonio da Fundación Naturgy, Eva Buch; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o xefe territorial da Consellería de Industria, Ignacio Rial Santomé, acoden á apertura da mostra Xogas?, da citada Fundación Energy. Ata o 25 de novembro, esta iniciativa interactiva permitirá comprender cómo funcionan a electricidade e o gas, botando man de experimentos didácticos co divulgador Dani Jiménez.

As instalacións poden visitarse os sábados e domingos de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 horas. Fóra deste horario, hai que concertar cita previa no número de teléfono 986 582 017 ou a través do correo electrónico concellodeviladecruces@gmail.com. A entrada será gratuita.