17 de diciembre de 2016
17.12.2016

Dúas xornadas de Mercado de Nadal no centro da vila

17.12.2016 | 02:49

O programa dinamizador "Imos a Lalín porque é o Nadal" inclúe o Mercado de Nadal, que se desenvolverá hoxe e mañán na carpa institucional instalada na Praza da Igrexa. Artesanos, creadores, artistas, deseñadores de moda, pel e coiro, xoieiros, reposteiros, fabricantes de cosmética natural e comerciantes locais, entre outros, terán neste espazo a oportunidade de achegarse aos veciños da comarca. O horario do mercado será de 10.30 a 21.30 horas de xeito ininterrumpido coa presenza de arredor de 25 artesanos de toda Galicia convivindo con diseñadoras de xoias locais como Cruz López o Emma Carral, ademais de tendas especializadas como Mocca ou La Artesana. A oferta se completa con a visita do Apalpador, hoxe ás 12.30 horas, e pola tarde cun obradoiro de debuxo a cargo de Pepe Carreiro, o creador dos Bolechas, a partir das 17.30 horas, que asinará exemplares dos libros que lle acheguen os pequenos. Mañán pola tarde, ás 17.30 horas, será o tempo do Pequeno Cabaret Infantil e un obradoiro de Hula Hop da actriz circense Andrea Troitiño.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine