Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Peatonalización, poboación e turismo centran o debate na Illa

A mellora da praza do Regueiro é un dos obxectivos prioritarios para os tres candidatos que concurren a estas eleccións

Juan José González Vázquez (PP), Carlos Iglesias (PSOE) e David Mochales (BNG). // Noé Parga

Poboación, peatonalización, medio ambiente son algunhas das cousas que marcaron o mandato que expira o vindeiro 26 de maio e que os tres candidatos que concorren ás eleccións na Illa están tendo moi presentes na súa campaña. Os tres, desde diferentes visións, prantexan unha serie de melloras que permitan que a Arousa poida seguir medrando.

-¿Que o leva a presentarse ás eleccións?

- Carlos Iglesias: O convencemento de ter un proxecto e un grupo de persoas idóneo para a Arousa.Durante este mandato que remata conseguimos grandes proxectos para os veciños, sen esquecer asuntos cotiás da xente e presentámonos cun proxecto novo que afonda nos dereitos de todos.

- Juan José González Vázquez: O representar durante 16 anos a un gran grupo de persoas, moi capaces, que sempre creron en poder mellorar unha Illa carente de prestacións básicas en servicios e infraestruturas. Somos arousáns de corazón e raíces, a maioría moi cualificados, que merecen unha oportunidade que lle foi negada sistemáticamente. Levamos no noso programa un pavillón de deportes, un centro de ocio na fábrica de Goday, arranxar a Praza do Regueiro e prantexar unha solución vantaxosa para os propietarios dos terreos das áreas de reparto, así como mellorar o día a día na prestacións de servicios.

- David Mochales: A ilusión. Persoalmente o que me gustaría mediante esta candidatura sería convertir a Illa na xoia que merece ser, preocuparme polas necesidades reais dos veciños e dar respostas realistas.

- Un dos principais problemas que houbo neste último mandato foi a caída de poboación que o obrigou a baixar de 13 a 11 concelleiros. ¿Que medidas se poden adoptar para recuperar poboación?

- C. I.: O problema de perda de habitantes é xeral na xeografía galega, comenzando polo rural e xa o estamos notando en zonas costeiras. No noso caso sempre estivemos na barreira dos 5.000 habitantes estando o último mandato en 13 concelleiros e o resto en 11. Cos proxectos de mobilidade que comezamos no último cuatrienio, e que continuaremos logo, se resultamos elexidos para gobernar, o que tratamos é de facer un pobo onde os veciños se sintan cómodos e poidamos medrar en condicións de estabilidade dacordo coa nosa idiosincrasia e orografía.

- J. J. G. V.: Mais que caída de poboación o que está a pasar é unha baixada nos empadronamentos de moita xente que ten que ir a vivir fóra do concello da iIla. A maioría teñen terreos en Áreas de Reparto pero non vislumbran unha saída ao desenvolvemento das mesmas. O grupo de goberno está superado totalmente pola situación, cun bloqueo tal, que son incapaces de elaborar propostas viables que poidan prantexar unha saída ventaxosa para estes propietarios. O primeiro que hai que conseguir é que os veciños poidan construir casa na Arousa.

- D. M.: O problema poboacional vense dando polo modelo actual estabrecido no Concello, no cal se condea á Illa a un modelo de 2ª vivenda, algo que tentaremos evitar. Actualmente, o acceso á vivenda(aluguer ou compra) é un problema, máis para a xuventude, obrigada a recorrer a concellos limítrofes. Queremos impulsar medidas para que isto non suceda, queremos unha Illa para os nosos vecinos, unha Illa na que vivir e traballar.

-O Regueiro é o centro neurálxico da Arousa. ¿É necesaria unha peatonalización e unha reforma dese espazo?

- C. I.: Por suposto. Así está prevista no noso PMUS. Entendemos a premura de modificación de esta infraestrutura, pero tamén queremos facer as cousas ben e trasladaremos á veciñanza diferentes proxectos coa intención de contar coa participación de todos para crear un espazo consensuado e que cumpra as espectativas que todos temos nese senso. Foi unha labor ardua acadar esta subvención de mobilidade urbana, cun traballo técnico impresionante por parte dos traballadoras deste Concello, propio de administracións máis grandes. Estamos nunha primeira fase que queremos ampliar contando coas persoas. Temos claro que hai unha nova ola de ideas de urbanismo a nivel europeo e sumarémonos a ela.

- J. J. G. V.: Levamos máis de 20 anos gobernados polo PSOE e O Regueiro nin praza é. É un espazo cheo de buratos, con pouca ou ningunha luz polas noites. Claro que hai que peatonalizar O Regueiro, pero hai que darlle saída e aparcamento aos coches. Xa nos levan vendendo dende fai moitos anos a peonalización e o que se fixo foi abrir un camiño non se sabe moi ben para que ou para quen.

- D. M.: A peonalización é sempre positiva. Humanizar un pobo repercute positivamente no pequeno comercio e demáis sectores. Pretendemos levalo a cabo de xeito correcto, creando aparcadoiros disuasorios e reordeando o tráfico, evitando as incomodidades que podemos ver no Regueiro, cunha obra froito da "improvisación" electoral do PSdG. O estado da praza por outra banda é lamentable, non é digno que calquer veciño vexa así o centro do seu pobo, e isto será unha das primeiras medidas que se levarán a cabo.

-Infraestructuras portuarias. ¿Coa construcción dos pantaláns para a cuarta lista, que necesidades pendentes hai para O Xufre?

- C. I.: O único que facemos é recoller inquedanzas dos nosos mariñeiros que acuden a nós para mostrarnos as necesidades que Portos de Galicia non cubre: discrepancias sobre as prazas de 4ª lista, zonas portuarias desordenadas e insuficiencia de espazos de varada para reparación e mantemento de barcos profesionais, ausencia de zonas de almacenamento de apeiros, etc. Durante o mandato fomos xunto coa Escola de Navegación Tradicional de Dorna a reclamar unha zona de amarre para a Mariña Tradicional que non fructificou, a pesares de teren espazo co traslado da frota de terceira lista. Non son cousas inventadas, senón que son carencias que sempre vamos a esixir que se reparen.

- J. J. G. V.: Os pantaláns da terceira e cuarta lista foron un gran logro para o sector do mar, polo que tamén nós loitamos e traballamos desde a oposición. Agora que teñen garantizado o amarre todos os barcos profesionais, que era o máis importante, non esquecemos as embarcacións tradicionais. Pero sobre todo seguiremos escoitando ao sector e haberá que seguir mellorando as prestacións do porto do Xufre con algún peirao de descarga para o mexillón así como unha zona de cobertura mentras o molusco permance no peirao.

- D. M.: Os mariñeiros precisan de máis e mellores instalacións en todos os sentidos, o noso principal sector precisa insfraestruturas modernas, facilidades que simplifiquen o xa de por si complicado traballo que se fai. Está pendente a creación de amarres para a importante frota tradicional que temos. Debemos ver se as obras realizadas por Portos resisten ante os fortes ventos do noroeste e protexen realmente a frota porque o sector non o ten tan claro.

-A Illa ten un atractivo turístico innegable, pero existe unha importante carencia de prazas hoteleiras. ¿Que se pode facer para mellorar este deficit?

- C. I.: Nestes catro anos de mandato que acaba, apostamos por un turismo de calidade, familiar e íntimamente ligado á cultura do noso pobo, fixemos presentacións internacionais en FITUR tentando chegar ao consumidor coa nosa forma de vida ligada ao mar, á hostalería, á gastronomía, á natureza e ás novas tecnoloxías onde creo que fomos punteiros. Sempre levamos unha marca por diante: A Arousa. Implicámonos de cheo co resto dos concellos da nosa comarca para crear sinerxias que beneficiaran a todos os veciños. No tocante ás prazas hoteleiras remítome á resposta da pregunta cinco, pois está innegablemente relacioando ao urbanismo e a eses recortes sufridos. Non é por falta de interese por parte de iniciativas privadas, senón polas cortapisas creadas por unha política allea a nós, que non deixa desenvolver con garantías o que o noso PXOM establece.

- J. J. G. V.: Na Illa temos un alto porcentaxe de turismo de praia e logo van a dormir afora. Necesitamos darlle cabida, de forma ordenada e sen romper o noso encanto, facilitando zonas hoteleiras onde poidan hospedarse o que implica a creación de postos de traballo. Isto segue pasando por unha proposta coherente no desenvolvemento das áreas de reparto que, según a zona na que se atopan, deban orientarse hacia un uso hosteleiro.

- D. M.: Se queremos un turismo non invasivo e de calidade os aloxamentos non poden dar cabida a toda a demanda, e menos nun turismo estacional como é o noso. Nós centramos o turismo na natureza. Temos a sorte de vivir no paraíso e debemos presumir del. Un turismo que non entorpeza a vida cotiá dos veciños.A creación de hoteis levaría a unha estacionalización total do turismo o estilo de Sanxenxo, algo que non queremos para A Illa.

-Areoso é un dos lugares máis ricos económica, histórica e medioambientalmente, pero corre un serio risco de desaparecer. ¿Que medidas se poden implementar para evitalo?

- C. I.: O Areoso forma parte do noso termo municipal, e o máis perigoso de todo é que os veciños estamos sentindo que é un espacio que vamos a perder pola presión humana, ademáis de pola inevitable natural. Prometéusenos crear unha norma específica que aínda non chegou pero que debería ser prioritaria para as administracións

- J. J. G. V.: O deterioro do Areoso en gran medida débese as correntes das mareas e ao vento. Todas as medidas que poidamos tomar para que o tránsito de persoas non acelere esa degradación serán benvidas, pero sendo conscientes de que é a propia natureza quen o vai modelando o seu antollo.

- D. M.: É preciso un Plan de Uso e Conservación actualizado. O crecente turismo masificou as visitas a esta illa, polo cal queremos evitar danos. A Illa conta con restos megalíticos, por iso merece ser coidada e respectada por todos.

Compartir el artículo

stats