O concurso de fotografía que convoca a concellería de Igualdade e mailo Consello Local de Igualdade do Grove acadou este ano un total de 165 imaxes procedentes de diferentes lugares da xeografía galega e española, recibíndose tamén varias chegadas de Portugal.

Trátase da oitava edición do certame “A Muller Traballadora”, que deste xeito acada o dobre de fotos que na edición anterior.

A concelleira Noemí Outeda sinala que o xurado, composto por integrantes do Consello Local de Igualdade e profesionais do mundo da fotografía, reunirase a vindeira semana para realizar unha preselección dos mellores traballos presentados, que se imprimirán e formarán parte dunha exposición na Sala das Cunchas da Casa do Concello

De entre esas obras preseleccionadas e expostas sairán as fotografías premiadas.