Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Pereka" suma unha nova Volta á Arousa nunha das edicións máis igualadas

A longa travesía arredor do concello arousán motivou cambios constantes na proba ata que un cambio de vento beneficiou ás dornas que viaxaban máis próximas a terra

A estratexia é fundamental na nai de tódalas regatas. // Noé Parga

A Volta á Arousa é a nai de todas as regatas de embarcacións tradicionais, non só por ser a primeira que se puxo en marcha hai 34 anos, se non tamén porque calquera cambio de vento ou o máis mínimo erro na estratexia acaba convertendo en desastre unha viaxe que parecía ir dereita cara o trunfo. nesta edición, a vencedora foi unha das dornas máis senlleiras da Illa, a "Pereka", vencedora nun bo feixe de edicións con Antonio Dorado e Alberte Chicaposas como tripulantes. O trunfo non resultou sinxelo para a "Pereka" xa que tivo que pelexar por chegar encabezando un grupo de catro dornas, sacándolle pouco máis dun largo ás súas rivais.

Para decidir a segunda, terceira e cuarta posición, case houbo que botar man da foto finish, xa que as tres embarcacións chegaron moi xuntas e tan só separadas pola proa. Nesa loita, "Jalerna" fíxose coa segunda posición, "Xarandeira" coa terceira, e a vencedora do pasado ano e outra das dornas que máis Voltas á Arousa acumula, "Nécora", quedouse fóra do podio. Todas as dornas que cruzaron nos primeiros postos a liña de chegada, situada nas inmediacións da praia da Canteira eran da Illa, aínda que tamén participaron embarcacións de toda a ría de Arousa, Pontevedra e Vigo.

A xornada de navegación foi espectacular, salvo por pequenos encalmadas que pronto foron superadas polos participantes. Durante a meirande parte da proba, por diante sempre foron as dornas "Xarandeira", "Maristela" e "Cariñosa", pero na Volta á Arousa, calquera cambio pode perxudicarte. Neste caso, o perxuízo provocouno o vento, ao rolar cando xa se levaba máis de media proba, beneficiando a aquelas dornas que apostaron por viaxar máis pegadas a terra.

Outro dos puntos complicados é atravesar a ponte, algo que se fai por un lugar determinado, pero que ten a súa complexidade, xa que nada máis atravesala, hai que virar para pór a proa camiño da meta. Foi neses dos momentos onde "Pereka" certificou a súa victoria.

A proba rematou coas corenta tripulacións participantes participando nunha pequena romaría para festexar o logro de dar a volta ao perímetro da Illa, unha longa travesía de máis de dúas horas e media.

Compartir el artículo

stats