Aurora Grandal imparte hoxe a conferencia do “Ciclo Aida Fernández Ríos”

REDACCIÓN

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra están a desenvolver a quinta edición do “Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos”. Trátase dunha actividade gratuíta destinada a espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica. Hoxe celebrarase unha nova sesión, ás 19.00 horas. Poderá seguirse en liña a partir do enlace que pode obterse na páxina da Deputación.

Esta xornada“De fósiles a humanos, unha historia de ida e volta”, centrarase nas escavacións paleontolóxicas que se realizan en Galicia. Para abordar este tema contarase coa participación de Aurora Grandal, profesora de Paleontoloxía e investigadora do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal da Universidade da Coruña. A experta indica que “os seres humanos estiveron interesados polos fósiles desde a Prehistoria, aínda que probablemente descoñecían o que significaban aqueles obxectos de formas curiosas.