Bótalle un conto encheu onte o Teatro Principal

O primeiro premio do certame foi parar a Lucía Alén, de Mourente

Entrega de premios no Teatro Principal o domingo

Entrega de premios no Teatro Principal o domingo / FdV

G. Dacosta

A final do certame Bótalle un conto enchou onte de historias o Teatro Principal de Pontevedra, cos dez finalistas do concurso. O primeiro premio foi para Lucía Alén, da asociación As Amarindas, de Cons (en Mourente).

Ademais de Alén, Celia Ferreira, María José Chorén e Concha Peón obtiveron tamén galardóns polas súas narracións orais. O programa municipal chegou ao seu fin logo de 11 días de gravacións polos centros sociais das parroquias e máis da cidade e contou con ata 50 participantes, 45 delas mulleres. Procedían de Santa María de Xeve, Verducido salcedo, Cerponzóns, Ponte Sampaio, Boa, Mourente, Marcón e do centro da cidade do Lérez. A gala conduciuna Mar G. Vendrell e José Pintos Alsina, amais contou coa colaboración de Celso F. Sanmartín.