O Centro Cultural de Monte Porreiro recibe a función teatral “Falemos como galegas”

Será este sábado, ás 20.00 horas, dentro do programa “Maio, mes da lingua 2024”

Dous dos personaxes de "Falemos como galegas".

Dous dos personaxes de "Falemos como galegas". / Migallas Teatro

Redacción

O Centro Cultural de Monte Porreiro acolle este sábado 25, ás 20.00 horas, unha función do espectáculo “Falemos como galegas” dentro das actividades organizadas pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra no programa “Maio, mes da lingua 2024”.

“Falemos como galegas” é un espectáculo humorístico interactivo dirixido a público adulto e á mocidade onde se abordan estas e outras moitas cuestións relativas á lingua galega a través de sketchs e cancións cómicas de autor.

María Campos e Carlos Yus danlle vida a un feixe de personaxes entre os que se atopa a popular Señora de Palmírez, coñecida polas súas intervencións no programa Luar da TVG e toda unha icona do “castrapismo”.

Cada función de “Falemos como galegas” é unha invitación amena e divertida a reflexionar sobre a historia, a actualidade e o futuro da lingua galega, co obxectivo de fomentar o seu uso normalizado.